Skip to main content

Feira do libro de Nigrán

Arquivos adxuntos
Feira do libro de Nigrán
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraNigrán
Quen organiza
Organiza: 
Concello de Nigrán
Descripcion

Feira do libro de Nigran e un espazo colectivo que amosa editoriais, librerias, ilustradores,debates e conversas sobre editoriais convencionais, de autoedicion e de cultura libre e xunta eventos musicais, de artes escenicas, audiovisuais, obradoiros, actividades para crianzas, e gastronomia local.

A Feira do Libro de Nigran desenrolarase nas intermediacions do Concello

Esta feira xurde da necesidade de visualizar unha cultura feita por e para a cidadanía, querendo dar un xiro ás feiras comerciais e convencionais do libro , abrindo unha programación participativa e de diferentes eidos culturais. Na creación e desenrolo da Feira do Libro promovemos a participación da cidadanía e institucións nun diálogo entre iguais, o fomento da lectura e as alternativas que se dan nesta, o achegamento á cultura de base do Val Miñor e contorna, o libre acceso ao coñecemento, baixo un traballo e producción colaborativa en parcerias con diferentes colectivos e asoacións, cunha sistematización transparente e clara da xestión, e a libre circulación de saberes.
Dentro da programación da feira do libro creemos que é importante a achega das revistas de autoedición, da música, as artes escénicas, das palestras, das proxeccións, dos debates, dos obradoiros, e dos encontros que se dean nestes espazos, sexan do Val Miñor ou da máis proximidade posibel. Eiquí temos todo o que precisamos para articular unha feira do libro local e aberta a tódalas persoas
Apostamos por unha feira do libro onde se aprenda, disfrute e onde se compartan coñecemenos. Apostamos por un encontro cultural para tódalas persoas sen discriminación de ningun tipo, e onde por un día o Val Miñor achega neste encontro todo tipo de proxectos e accións culturais que se estan a desenvolver de forma alternativa.

Este 20 de marzo temos unha cita en Nigrán para disfrutar da II edicion da Feira do Libro de Nigran

PROGRAMACION

Enlace programación: http://casacolorida.net/

Quen organiza?
Os colectivos Truequelandia, Casa Colorida e o Concello De Nigrán

Quen participa?
Cibervoluntarios, Croa, Cabeza de Corte Aereo, Galaxia, Biblioteca Nigrán, Julio Vilarino, Jose Ignacio Plaza, Editorial Elvira, Fosfatina, Oficina Arara, Libreria paraisos de Papel, Instituto Fonográfico Tropical, Trascendencia y Delirio, Antonio Caeiro, Carlos Meixide, Gerardo Collazo, Baiona Bai, Celticos, Ameva, Ruth Lodeiro, Hadriam, Radio Sonoplasmática, Axouxere Editora, O Faiado da Memoria, Ollomol audiovisual.

Colectivos Organizadores: Truequelandia, Casa Colorida, Concello de Nigrán

Compartir