Skip to main content

Romaría Galega en Pastoriza

Arquivos adxuntos
Romaría Galega en Pastoriza
Descripcion

Trátase de darlle pulo á tradicional romaría de San Miguel, recuperando a Feira da Madeira que sempre se celebraba nesta ocasión.

Traerase a Asociación de Obradoiros da Terra Chá con demostración e obradoiros de Cestería con Idoia Cuesta, oleiros, torneado de madeira, taller de Tecelandia,etc. Tamén estará o zoqueiro de Alfoz Alberto Geada que demostrará como elabora as súas tradicionais zocas, estará o ferreiro de Pastoriza e haberá música tradicional durante toda a xornada. Para rematar contaremos coa actuación estelar de Andrés Penabad e Luar na Lubre.

Compartir