Expoñen artesanía, automoción, téxtil, gastronomía, hostalería, pulpería, maquinaria agrícola e ocio infantil
A Asociación Costavales organiza a Feira da Primavera, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de marzo, no Recinto Feiral da vila. Colaboran no evento o Concello de Santa Comba, Deputación da Coruña e Abanca.
No evento participan maiormente empresas locais de diferentes sectores: gastronomía, comercio retallista en xeral (textil, zapatería, librería, ortopedia, óptica, parafarmacia, agricultura,…), hostelería, servizos, automoción, ocio infantil e artesanía; pero tamén se achegan expositores foráneos procedentes de diversos puntos da xeografía española.
A Asociación Costavales persegue con esta actividade activar a economía e o comercio local e incentivar a presencia de empresas foráneas, xa que se lle ofrece ao visitante unha grande variedade de produtos e servizos, concentrado nun único espazo e complementado con actividades de ocio e hostelería. Todo isto nunhas condicións máis ventaxosas do habitual e nun recinto cunha superficie de 3.200 m2.
http://www.costavales.com/
http://www.empresariosdesantacomba.com
https://www.facebook.com/pages/Feira-Da-Primavera-Santa-Comba/3707197529...