Os veciños do Concello de Parada de Sil celebrarán no pobo de Purdeus, parroquia de Chandrexa, o vindeiro sábado 16 de Novembro de 2019 a VIII Festa da Pisa da Castaña. Unha ancestral laboura de campo perto dos castiñeiros centenarios de Purdeus en Parada de Sil, Ourense.
A festa comezará ás 11.00 horas coa apertura da VIII Feira de Produtos Locais: casetas de productos locais: viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan, bicas, etc.
Media hora máis tarde, ás 11.30 horas, terá lugar a RECREACIÓN DA PISA DA CASTAÑA, onde os asistentes poderán contemplar o proceso tradicional da preparación das castañas secas.
Ás 14:00 horas dará inicio o XANTAR POPULAR DA CASTAÑA, no que se poderá degustar un menú composto de: empanada, polbo, carne ao caldeiro, postre típico de castañas, viño e café. Todo isto polo módico prezo de 12 euros por persoa.
RESERVA PREVIA OBRIGATORIA no 689 683 713 no seguinte horario: de 11.00 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 hrs. ou no email: turismo@paradadesil.es.
RESERVAS ATA ESGOTAR PRAZAS. AFORO LIMITADO.
Cómo chegar?
N 42º 22´ 32.148´´ - O 7º 32´ 7.02´´
Latitude: 42.375597 | Lonxitude: -7.535284