Piden que se axilicen os trámites para declarar a Festa do Polbo de Carballiño de Interese Turístico Internacional
A deputada socialista Noela Blanco presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para solicitarlle á Xunta de Galicia que comece e axilice os trámites para a declaración da Festa do Polbo de O Carballiño como de Interese Turístico Internacional. Sinalou a relevancia socioeconómica deste certame que se celebra na localidade ourensá no segundo domingo de agosto.
A responsable socialista sinala que a declaración da Festa do Polbo como de Interese Turístico remóntase a 1972, e conta dende 2012 coa declaración de Interese Turístico Nacional, co que tan só resta a súa declaración como de Interese Turístico Internacional, de acordo coas bases que figuran na Orde ITC/1763/2006.
Blanco insta á Xunta a “impulsar e apoiar todas as actuacións necesarias para axilizar a declaración da Festa do Polbo do Carballiño de Interese Turístico Internacional”. Sinala que esta declaración está “máis que xustificada” para un encontro que este ano, no que celebrou a súa 55 edición, reuniu a máis de 100.000 persoas que consumiron aproximadamente 50 toneladas de polbo, sen ter en conta os actos gastronómicos e culturais que rodean á celebración.

Gabinete de Comunicación do PSdeG