Skip to main content

O vindeiro día 12 de Maio celébrase en Ramirás a XII Noite de Fiadeiro

Conta ademáis co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Mosquera Vilavidal e Socitransa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Para este Sábado a organización elaborou un programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, pasarúas, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos, demostracións... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. De novo retomaremos o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano.

A principal novidade desta edición é a importante ampliación de colectivos participantes, que suman un total de corenta, chegados de todos os recunchos de Galicia. Deste xeito, arredor de 400 persoas estarán implicadas na dinamización da noite, e sempre tendo como referencia a música tradicional e de raíz. Precisamente este é o elemento diferenciador desta celebración.

A Noite de Fiadeiro en DATOS:
- Número de colectivos participantes = 40 colectivos (confirmados), das catro provincias galegas.
- Número de persoas que actuarán = 403 persoas (membros dos diferentes colectivos), dos cales 45 son nenos e nenas que actuarán no Fiadeiro Cativo.
- Número de postos de artesanía = 23 postos de artesanía e gastronomía
- Horas aproximadas de música ininterrompida = 10 horas
- Toda información en: www.noitedefiadeiro.com

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica ao uso, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite tal e como se facía antano.
Asociación Cultural Rebulir