Skip to main content

Laroucofest 2018, unha festa popular que pon en valor o medio ambiente e o rural

Participaron o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, e os integrantes da organización de "Laroucofest", Daniel Ferreiro, Noelia Campo, Oscar Ferreiro e Ilenia Morales.

"Música tradicional, cultura e xogos populares únense neste evento no que destaca a promoción do noso", explicou Manuel Doval, subliñando "a cooperación interxeneracional que permite achegar actividades para todos os públicos, tendo á natureza e ao medio rural como eixe desta celebración". Neste sentido, José Antonio Feijoo destacou do Lareoucofest "a súa capacidade de dinamización do rural e de sensibilización para protexer e potenciar a riqueza paisaxística, cultural e etnográfica que temos".

O "Laroucofest" pretende, segundo os organizadores, crear un movemento asociativo da xuventude da contorna rural. As actividades deste evento comezan o venres 27 de xullo, ás 20.00 horas, coa mesa redonda "Proxectos no rural: o coidado do medio ambiente", que ten como finalidade analizar os mecanismos de protección da Serra do Larouco. A este foro de debate sumaranse os participantes no campionato europeo de Parapente, quen tralo acto celebrarán unha cea de confraternización.

O sábado 28 de xullo as actividades comezarán ás 9.00 horas cunha andaina e un trail pola Serra do Larouco, e á mesma hora terá lugar un encontro de parapente. As 18.00 horas haberá xogos populares e unha foliada con grupos tradicionais galegos da contorna, e como remate do "Laroucofest", as 21.00 horas, terán lugar os concertos dos grupos "De pé feito", "Tanxugueiras" e "Brincadelia Troupe".
Deputación de Ourense