Skip to main content

A feira de artesanía Mostrart celebra a súa 34ª edición na Coruña

Prácticamente todos acollidos o sistema da Marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Burgos. Os expositores repartiránse en 43 casetas, participando algún deles na primeira parte da feira e outros na segunda.

Destaca nesta edición a incorporación de sete novos obradoiros que acuden por primeira vez a esta feira:

- Las Flores de Greta, de Vigo, con complementos de moda.
- Coiraxe, de Vigo, con marroquinería contemporánea.
- Manolo Cremallera, un obradoiro histórico de marroquinería da Coruña.
- O Falsete, un obradoiro de olería de Buño (A Coruña)
- Chorima, con marroquinería de O Porriño (Pontevedra)
- El Arce Imaginario, obradoiro da Coruña que fai artigos con madeira reciclada procedente de taboas de patinar e madeira natural.
- Arobe Cerámica, un obradoiro de cerámica da Coruña que iniciou a súa actividade fai poucos meses na Cidade Vella

William Morris como inspiración

O cartel desta edición está baseado nun deseño de William Morris (1834-1896), figura clave do movemento Arts and Crafts que marcou unha influencia decisiva en todolos movementos posteriores relacionados co deseño e a artesanía contemporánea en Europa e América.

A súa figura é unha referencia fundamental na historia das artes e os oficios, e os seus postulados siguen tendo vixencia na actualidade. A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Pública Artesanía de Galicia, do Concello da Coruña e da Deputación Provincial da Coruña.

Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983, e conta con socios en toda Galicia.
Asociación Galega de Artesáns