SonRías Baixas pecha con record de asistentes o seu vixésimo aniversario

O espírito SonRías aposta por ofrecer ao seu público unha experiencia musical completa e turística no corazón das Rías Baixas galegas, con tres xornadas cheas de potentes directos, praia, gastronomía e rodeados de natureza. Un marco de convivencia máxico e inigualable que aúna artistas, público e tamén aos habitantes da comarca. A celebración do festival supuxo este ano a contratación de 22 bandas e os seus respectivos equipos, así como multitude de acordos económicos de proveedores circundates.
O impacto económico na zona alcanzou este ano uns 1'5 millóns de euros. “Para nós é moi importante manter o festival fiel á súa esencia e no lugar que o viu nacer e medrar”, expón Lauren. O 20º aniversario do SonRías Baixas xerou 540 empregos directos e contou con empresas de proximidade para favorecer o emprego no territorio e por en valor produtos de km 0. O seu desenvolvemento non só beneficiou ao texido turístico e hosteleiro de Bueu sino tamén ás localidades da contorna da vila mariñeira.
O número de asistentes desta edición ascende a 22.400 persoas, récord histórico nos seus vinte anos de celebración. Aínda que ano tras ano a vocación interxeracional do festival queda máis patente, cabe destacar como dato positivo que o público continúa sendo maioritariamente feminino, e moi xove. Esta última cifra deixa patente que Sonrías Baixas é a primera experiencia festivaleira para moitos deles, non obstante só en 2023 acreditáronse mis de 300 menores e a cifra de asistencia da franxa de idade que vai dos 18 ós 30 anos ascende ao 40%.
Macaco por Aldara Zarraoa
Onte pola noite a última xornada estivo marcada polo ambiente festivo e de celebración. Xa dende pola mañá e durante a sesión vermú, un clásico xa de nosa programación e cun claro acento galego, Lamatumbá deixaron claro que voltaron para quedar e Ortiga e Pili Pampín puxeron a bailar a todo o persoal recuperando temas clásicos que todo local coñece reversionados en clave de autotune e con bases electrónicas.
La Pegatina, vellos coñecidos de Bueu e na súa sexta visita, contaxiaron a un recinto cheo da súa enerxía grazas a un show cheo de momentos memorables e moito confeti, coa aparición de Macaco incluida. O catalán festexou o seu aniversario sobre o escenario e tampouco defraudou cun show no que, seguindo a súa filosofía vital, instou a vivir de forma pacífica e fixándonos só nas cousas importantes. Arde Bogotá, pola súa parte, demostraron co seu contudente set no Escenario Fest Galicia por que son unha das bandas das que todo o mundo fala e, sen dúbida, unha das promesas do panorama indie nacional. Os bosnios Dubioza Kolektiv fixéronnos bailar na súa ska-rave de conciencia social na que ata tivo cabida unha reinvidicación eurovisiva.
Os encargados de inaugurar o Escenario Rías Baixas foron Lamontagne & PicoAmperio, e pouco despois Grande Amore reafirmouse como un dos talentos galegos máis singulares dos últimos tempos. Coa súa mistura de pop-punk existencialista, conectou co lado máis visceral do público. María de Juan derrochou arte e raíz na súa actuación e Cool Nenas repetiron como conbvidadas sorpresa coa súa contaxiosa performance chea de temazos. O fin de fiesta correu a cargo de Ninhodelosrecaos, nun DJ set que, a pesar das altas horas, ayudou a pechar este vinte aniversario do festival por todo o alto.
SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.
Festival Sonrías Baixas