O XXIV Premio Aresa distingue a Moexmu pola súa contribución á profesionalización do sector agrogandeiro
O reitor da USC, Antonio López, puxo en valor o traballo feito ao longo deste tempo polas distintas comisións organizadoras que cada ano traballan a reo para encher de vida o recinto Manuel Vila de Muimenta, ao transformalo por uns días en escaparate tecnolóxico con apeiros e maquinaria agroforestal de última xeración, ademais de en escenario dun concurso de gando de alto nivel, o único certame de gando frisón que se segue a celebrar na provincia de Lugo.
Daquela, o cometido da Moexmu para a profesionalización do sector gandeiro, a remuda xeracional no agro, o desenvolvemento do rural e a posta en valor da gastronomía local, a través da celebración da Festa da Filloa, foron outros dos méritos valorados polo xurado para a concesión deste galardón, lembrou o reitor Antonio López, quen se referiu ao presidente fundador de Aresa como como “alma máter deste galardón e exemplo de vitalidade e de compromiso co rural”.
A cerimonia de entrega da vixésimo cuarta edición do Premio Aresa, un galardón convocado pola empresa fundada e presidida por Álvaro Rodríguez Eiras xunto coa USC e dotado dunha gratificación en metálico de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa para a candidatura distinguida, tributou este venres unha homenaxe anticipada á Moexmu, a feira das feiras da Terra Chá, que cumprirá as súas primeiras 40 primaveras do 5 ao 7 de abril en Muimenta, cuxa veciñanza completa e complementa cada edición da súa mostra exposición coa Festa da Filloa, unha cita máis saborosa que volve cita a comezos de maio numeroso público nesta localidade chairega.
Intervencións
A conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, abriu a quenda de intervencións da gala de entrega do XXIV Premio Aresa, unha concorrida cerimonia na que tamén interviñeron o conselleiro en funcións de Medio Rural, José González; o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a catedrática da área de Tecnoloxía dos Alimentos no Campus Terra da USC, ademais da vicepresidenta de Aresa, Carlota López Pardo, co relatorio ‘O aceite que pon en valor a gastronomía local’.
Na súa intervención, Pérez Canal tratou de como construír marca reivindicando o patrimonio culinario, as festas gastronómicas ou as tradicións, ao tempo que fixo referencia á candidatura da Moexmu, gañadora do XXIV Premio Aresa, a que se referiu como “unha feira de recoñecido prestixio e recoñecemento”. No contexto desta analoxía, Pérez Canal fixo tamén un repaso polas últimas campañas publicitarias da súa marca, Aceites Abril, nas que puxeron voz a persoas anónimas que conforman o universo gastronómico galego, xa que “as produtoras e elaboradoras son as que miman e coidan os produtos da terra e do mar para que receitas de toda a vida cheguen ás nosas mesas”, dixo.
Premio
O xerente da Moexmu, José Manuel Rus, recolleu de mans de Álvaro Rodríguez Eiras e Antonio López o XXIV Premio Aresa, “un galardón moi gratificante para min e para todo o equipo da Moexmu”, dixo. De seguido, Rus dirixiuse ao poboado auditorio de Veterinaria para lembrar algúns dos obxectivos principais da Moexmu, tales com son “potenciar o sector primario a través sobre todo do concurso, da exposición, da poxa e tamén da artesanía, co exemplo dos zoqueiros; loitar contra o despoboamento, gran problema do rural a día de hoxe, e recoñecer tamén o espírito emprendedor da veciñanza de Muimenta”.
Rus finalizou a súa intervención solicitando que Aresa e a USC “deberían tamén ter algún tipo de recoñecemento por promover iniciativas coma esta” ao tempo que convidou a todo o público presente a achegarse á vindeira edición da Moexmu.
A vicepresidenta de Aresa, Carlota López Pardo, salientou na súa intervención a transformación do rural experimentada ao longo dos vinte e catro anos de celebración deste premio e fixo referencia ás protestas que o sector agricultor e gandeiro está levando adiante nas últimas semanas en toda Europa, ante as que transmitiu o seu total apoio “para garantir a súa supervivencia”.
López Pardo puxo tamén de manifesto os retos aos que se terá que enfrontar o mundo rural, “A adaptación a normativa medioambiental, a remuda xeracional e a competitividade” son fitos importantes, pero López Pardo tamén fixo alusión, en contraposición a estas dificultades, ás oportunidades coas que xa se contan, como son “o alto grao de tecnificación e profesionalización das empresas, das que son exemplo a gran parte das candidaturas ao Premio Aresa”.
A vicepresidente de Aresa tamén tivo palabras agarimosas para a Moexmu, da que destacou “a súa ampla traxectoria, a súa implicación con empresarios e empresarias da comarca e o desenvolvemento de novas iniciativas cada ano”, ao tempo que reiterou o seu agradecemento á colaboración recibida da USC, ao conselleiro e a todos os asistentes presentes no acto.
A alcaldesa do Concello de Lugo, Paula Alvarellos; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; a directora de GAIN, Paula Argerey; o alcalde do Concello de Cospeito, Armando Castosa, e os rexedores de Friol e Ribeira de Piquín, ademais de parlamentarios autonómicos e voceiros dos distintos grupos políticos municipais de Lugo foron algúns dos representantes políticos que se deron cita na gala de entrega do XXV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)