Iníciase en Nortrans o proceso para a creación do Clúster de Loxística e Transporte de Galicia

Logo de contar con ó redor de 3.000 visitas, Nortrans conclúe convertido nun centro de negocios do sector onde se pechou operación de venda de varios vehículos, tanto de viaxeiros como de mercadorías. A feira, que medrou un 30% en superficie nesta edición, presentou as últimas novidades en produtos e servizos nunha vintena de sectores.
A Asociación Empresarial de Mercadorías por Estrada, APETAMCOR, celebrou hoxe en Nortrans unha xornada de convivencia, que contou coa presenza de centos dos seus socios, na que entregou as distinticións a transportistas “Selo de Boas Prácticas Preventivas” e “Selo de Calidade 5 anos”. Ademais, fíxoselle unha homenaxe póstuma ó expresidente de APETAMCOR, Ricardo Díaz.
Por outro lado, a Federación Galega de Transporte de Mercadorías, FEGATRAMER, celebrou tamén unha xunta directiva.
Clúster da Loxística e Transporte de Galicia
A loxística foi o fío conductor da sesión das Xornadas. A cadea de loxística e transporte, un sector que da emprego en Galicia a máis de 20.000 persoas, o que supón ó redor do 4,87% do total do Valor Engadido Bruto (VEB) xerado polo sistema empresarial privado da Comunidade Autónoma e un 4,37% do total da produción. Agárdase que estas cifras aumenten dado que existen evidencias en Europa de que as empresas asociadas a un clúster crecen por enriba da media de empresas do seu sector. O Clúster do Transporte e a Loxística de Galicia conta na actualidade cun conxunto de 71 empresas e organizacións relacionadas co este sector.

Ademais da mesa redonda do Clúster, hoxe celebrouse una mesa redonda sobre as plataformas loxísticas onde os empresarios aproveitaron para pedirlle á Administración que flexibilice e faga competitivo o prezo do metro cadrado nos polígonos industriais e loxísticos para que lle resulte rentable ó empresario, poida establecerse nel para reducir o número de polígonos e áreas industriais valeiros.
As vindeira cita feiral en Expourense terá lugar entre o 23 e o 25 de setembro coa celebración da 11ª edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal.
Silvia Pardo (Gabinete de Comunicación de Expourense)