Oficios tradicionais, música e gastronomía mestúranse nos Pendellos de Agolada
A directora xeral de Comercio, Nava Castro, destacou na inauguración do I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que este evento, organizado pola Consellería de Economía e Industria, é xa un importante fito na estratexia integral de impulso ao sector artesanal que está a desenvolver a Consellería de Economía e Industria, poñendo en valor a artesanía galega e impulsando a innovación e a calidade no sector.
No Encontro, que nace coa vocación de converterse nun referente do sector artesanal, pode verse durante toda a fin de semana o traballo de medio cento de artesáns que representan un total de 16 oficios, como olería, os instrumentos musicais populares, o téxtil, a forxa, o coiro, a ourivería, a cantería e o traballo da madeira, entre outros, permitindo ver a unión entre innovación e tradición que se dá na artesanía galega actual.
Xunto cos oficios tradicionais, a gastronomía e a música enchen xa de vida Os Pendellos de Agolada, un punto de referencia nas feiras que se celebraban antigamente, con demostracións en vivo, talleres para nenos, conferencias, exposicións ou presentación de libros, ademais de actuacións musicais. Así, neste conxunto histórico artístico recentemetne rehabilitado poden visitarse tamén unha trintena de postos de degustación e venda de produtos de alimentación, como mel, viños, sidra ecolóxica, embutidos, aceite ou pan, con especial atención ás denominacións de orixe galegas.
Na inauguración do encontro, para o que a Consellería conta coa colaboración das asociacións profesionais de artesáns de Galicia e do Concello de Agolada, así como da Deputación de Pontevedra e a Consellería do Medio Rural e do Mar, a directora xeral de Comercio salientou que para reforzar e mellorar a presenza da artesanía galega nos mercados, entre outras accións, desde a Consellería de Economía e Industria estase a traballar na consolidación da marca Artesanía de Galicia, xestionada pola Xunta, como imaxe única e selo de calidade do sector artesán galego. Tamén se pon un especial énfase na internacionalización, apoiando a presenza dos artesáns nas principais feiras profesionais e impulsando a apertura das empresas a novos mercados.
Un intenso programa
O I Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no que para esta tarde están previstas unha conferencia do prestixioso deseñador Martín Azúa, ás 19 horas, ou a presentación do proxecto Secretos de Galicia, así como a actuación das pandereteiras de Tequexetéldere, da Estrada, continuará durante toda a fin de semana, rematando o domingo coa actuación de Leilía.
A primeira das actividades programada para mañá sábado é unha cata de Mel de Galicia, que terá lugar ás doce do mediodía, hora a partir da cal os membros da Asociación do Traxe Galego animarán Os Pendellos acompañados por música. Xa ás cinco do serán, Martiño Nercellas, da empresa Abella Lupa, falará sobre o oficio dos corticeiros e a súa contribución histórica á aplicultura galega. Ás seis e media presentarase o libro “Tejeduría tradicional en Galicia. El telar y la técnica”, editado pola Editorial Canela.
Ademais, os máis pequenos poderán participar nun obradoiro, previsto de 17 a 19 horas e impartido por María José Martínez, no que experimentarán coa artesanía dun xeito lúdico. A partir das será será o turno da música, hora á que comezará a actuación de Os Zoqueiros do Porriño. Xa ás 21 horas será o turno do grupo de música folk Riobó, liderado por Begoña Riobóo, que se presenta como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. Forman parte do grupo catro recoñedidos músicos cunha sólida traxectoria: Fernando Barroso, á guitarra, Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Pérez (frautas e requinta).
Durante todo o encontro poderán visitarse as exposicións “Faragullas da memoria”, centrada na indumentaria tradicional do Condado-Paradanta, e DEMADEIRA, unha mostra de pezas significativas da produción tradicional con este material. Para desprazarse ata Agolada, habilitaranse buses dede a Praza da Marina de Lalín que sairán os tres días do Encontro cada dúas horas, sendo o primeiro ás once e o último ás sete da tarde. Os buses de volta sairán de Agolada ás 17:15, as 19:15 e as 23 horas. Ademais, todos os visitantes que o desexen poden reservar comida na carpa habilitada pola organización chamando ao 607790055.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia