Preséntase o programa do Nadal en Begonte, centrada no nacemento electrónico
O Edificio Administrativo da Xunta en Lugo acolleu a presentación do programa Nadal en Begonte, que inclúe un abano de propostas culturais que se desenvolven ao longo de case dous meses e que ten como máis destacada manifestación o xa tradicional belén electrónico.
José Jesús Ramos Ledo, xefe territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, subliñou durante a presentación que “o Nadal en Begonte é hoxe un referente para toda a provincia, e incluso para toda Galicia, grazas á sona que adquiriu o seu belén e a iniciativas como os certames de xornalismo, poesía, pintura e debuxo infantil, aos que concorren xentes de moi diversos puntos da xeografía galega”.
A Xunta de Galicia colabora coas actividades que organiza o Centro Cultural José Domínguez Guizán en Begonte, “cumprindo co necesario labor de impulsar as iniciativas populares de carácter cultural e social que axudan a mellorar a vida dos galegos e galegas”, segundo explicou Ramos Ledo.
O xefe territorial destacou que o belén de Begonte cumpre “41 anos de exitosa traxectoria”, que só se explican “polo entusiasmo colectivo e o enraizamento da iniciativa nun pobo que vive o Nadal como unha ocasión especial para mostrar a súa singularidade aos demais”.
Na presentación das actividades participaron tamén Luís Luaña Castelo, tenente alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, párroco de Begonte e presidente do Centro Cultural begontino, e o seu vicepresidente, Xulio Xiz.
O programa de actos iníciase o día 1 de decembro, coa apertura do belén electrónico e a actuación do Orfeón Xoán Montes e a Schola Gregoriana Lucensis. O pregón correrá a cargo de José Manuel Otero Novas, quen fora ministro no Goberno de Adolfo Suárez.
A programación pecharase o 26 de xaneiro, e durante este período desenvolveranse os certames de xornalismo, poesía, debuxo infantil e o Certame Galego de Arte, todos eles convocados polo centro cultural José Domínguez Guizán.
As obras que se presenten ao Certame Galego de Arte serán expostas en primeiro lugar na sala de exposicións do Edificio Administrativo da Xunta, onde tamén se reunirá o xurado cualificador, para posteriormente trasladalas a Begonte. Pola súa banda, a mostra Imaxes do Nadal será exposta en Castro de Rei e na Pastoriza.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia