A Xunta de Galicia prepara unha ampla oferta de actividades culturais no Nadal
A inminente chegada do Nadal centra a ampla oferta de actividades que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten preparada para este mes de decembro nas bibliotecas nodais de Galicia. Ata o día 25, incorpórase a temática navideña ás sesións de animación á lectura, obradoiros e espectáculos que ofrecen estes espazos que, ao mesmo tempo, continúan durante todo o mes coa súas iniciativas habituais.
Deste xeito, as actividades dos sábados xirarán na biblioteca González Garcés da Coruña o día 22 arredor da historia do Apalpador, da man de Títeres Cachirulo; e na nodal de Vigo sobre os cánticos para estas datas, con ‘O Quiquiriquí’, de Barafunda. O mesmo día, o Apalpador visitará a biblioteca Ánxel Casal (Santiago de Compostela), onde recollerá as cartas dos máis pequenos e repartirá larpeiradas. Pola súa parte, a nodal de Lugo organiza o certame de poesía infantil ‘Nadal 2012’, cuxas bases poden consultarse na web da propia biblioteca, no enlace web http://rbgalicia.xunta.es/lugo/index.php?subApartado=59. Así mesmo, varias salas da biblioteca de Lugo e da Ánxel Casal de Santiago dedícanse estes días a mostra bibliográficas sobre decoración, cine e agasallos, todos en relación con estas festas.
A biblioteca pública Antonio Odriozola (Pontevedra) prepara a chegada de Papa Noel co espectáculo de teatro ‘A fábrica de xoguetes’, que o 14 de decembro, a cargo de Teatro do Miolo, amosará ás nenas e nenos como se desenvolve o traballo no obradoiro do habitante máis famoso do Polo Norte. Para a mesma xornada, a Ánxel Casal ten preparado un obradoiro de xoguetes reciclados, que será impartido polo alumnado do ciclo de animación sociocultural do IES Pontepedriña; mentres que para o día 21 a actividade especial nesta biblioteca será teatral, da man de Teatro Garabullo e ‘O gorrión Valentino’.
Oferta para nenos e adultos
Ademais das iniciativas postas en marcha co gallo destas datas, as bibliotecas nodais de Galicia manteñen as súas actividades habituais, tanto para os máis novos – sesións de animación á lectura, obradoiros de banda deseñada e creación artesanal de libros, etc-, como para os adultos.
Así, a Ánxel Casal será o día 14 o escenario dun concerto de violín organizado por Suzuki Galicia; e a González Garcés (A Coruña) acollerá o martes 18 a presentación do libro Paxaro de mar e vento, escrito por Tucho Calvo e ilustrado por Xosé Cobas, para o que tamén se organizou unha exposición de óleos do mesmo ilustrador. Nesta mesma biblioteca, a arquitectura será a protagonista a través da exposición organizada en torno ao I Concurso Iberoamericano Passivhaus, que se completará coas charlas ‘Bioconstrución e Passivhaus’ previstas para o día 20.
En Santiago, as citas coas novidades editoriais son este mes os días 12 e 13, coa poesía infantil de Verdedades, de Yolanda Castaño; e co proxecto de arqueoloxía social ‘Torre dos Mouros’, con banda deseñada de Manel Cráneo, coordinado a nivel comunicación por Manuel Gago, e dirixido desde o punto de vista arqueolóxico por Antón Malde.
A biblioteca nodal de Lugo amplía o público ao que adoita dirixir os seus obradoiros – habitualmente o infantil- cunha actividade de taller literario que se desenvolverá o día 20; ademais do café filosófico do 19 de decembro, unha mesa de diálogo na que se abordarán diferentes reflexións e perspectivas sobre a morte.
Ademais, continúan ao longo de todo o mes as actividades de formación de usuarias e usuarios, as sesións de clubs de lectura e as exposicións que, de forma periódica, van ocupando os diferentes espazos das bibliotecas. Así mesmo, e durante o período de actividade lectiva de decembro, os centros educativos que o desexen poden solicitar visitas guiadas para que o persoal amose ás alumnas e alumnos os segredos dos andeis das bibliotecas públicas de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia