Skip to main content

Promociónanse os produtos do agro e do mar no Salón Gourmets de Madrid

A XUNTA PROMOCIONA OS PRODUTOS GALEGOS DO AGRO E DO MAR NO SALÓN GOURMETS DE MADRID

• O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visitará hoxe a feira e asistirá á degustación de receitas das Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Castaña de Galicia
• Mañá o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, tamén apoiará coa súa presenza este evento
• Deste xeito, a Consellería do Medio Rural e do Mar apoia ás 35 empresas galegas e aos 22 consellos reguladores de produtos da agroalimentación presentes neste certame

Santiago, 9 de abril de 2013.- A Xunta promociona os produtos galegos do agro e do mar na XXVII edición do Salón de Gourmets 2013 de Madrid, que se celebra dende onte e ata o 11 de abril no recinto feiral Juan Carlos I do IFEMA de Madrid e que está considerado como un dos eventos máis importantes de Europa de alimentos e bebidas de alta gama. Hoxe, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visita a feira que mañá tamén contará coa presenza do secretario xeral do Mar, Juan Maneiro. Ambos apoiarán ás 35 empresas galegas e aos 22 consellos reguladores de produtos da agroalimentación presentes neste certame.

Para potenciar e dar a coñecer a calidade dos produtos da pesca, da acuicultura e do agro de Galicia nesta feira de produtos de alta gama, tanto no mercado español como no europeo, o departamento que dirixe Rosa Quintana conta cun stand institucional de 504 metros cadrados no que se celebran diferentes degustacións e actividades de promoción.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, asistirá á degustación de receitas das Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Castaña de Galicia, acompañadas por caldos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Ademais, o secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, asistirá á mostra de receitas elaboradas con vieira das rías galegas e IXP Pataca de Galicia acompañadas de viños da D.O. Rías Baixas.

Durante todas as xornadas da feira no stand da Consellería hai programadas actividades de presentación e degustación dos produtos do agro e do mar galego. Os actos previstos para os vindeiros días no stand son os seguintes:

Martes, 9
• 10:45 h:
o “Irmans de leite” – Queixo das D.O.P. de Galicia
• 12:00 h:
o “A comida sá con alimentos ecolóxicos”
o Degustación de produtos do CRAEGA
(Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia)
• 13:15:
o I.X.P. Tenreira Galega
o I.X.P. Castaña de Galicia
o Viños D.O. Ribeira sacra

• 16:45 h:
o “Ouro Doce” – Presentación e degustación da I.X.P. Mel de Galicia
• 18:00 h:
o Castaña de de Miguel Arean e Hijos
o Adegas As Laxas

Mércores, 10
• 12:00 h:
o Curricán – Conservas Tradicionais
o I.X.P. Pan de Cea
o Viños D.O. Monterrei
• 13:15 h:
o Vieira das Rías Galegas – Porto de Cambados
o I.X.P. Pataca de Galicia
o Viños da D.O. Rías Baixas

• 16:45 h:
o “Os únicos con espírito galego” - Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores tradicionais de Galicia
o I.X.P Tarta de Santiago
• 18:00 h:
o Obradoiro de Lamprea
o Viños da D.O. Monterrei

Xoves, 11
• 12:00 h:
o Peixe Espada de OR.PA.GU.
o Viños da D.O. Valdeorras
• 13:15 h:
o Presentación de Gosto Productores



Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia