Presentouse a Feira Agrogandeira Expolugo A Rural 2013
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta mañá, no salón de actos do Pazo de San Marcos, na presentación da mostra agrogandeira Expolugo A Rural, que se vai celebrar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre o 5 e o 6 de outubro e que está organizada pola Fundación Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo en colaboración coa institución provincial.
A VIII Mostra Gandeira e de Maquinaria Agrícola, A Rural, que así se denomina, traerá consigo as últimas innovacións e servizos nos sectores gandeiro e agrario que, na provincia de Lugo, supoñen unha parte esencial tanto a nivel económico como social, axudando a mellorar a súa competitividade.
Neste sentido, Antonio Veiga precisou que “estamos ante a máis completa exposición gandeira de Galiza e un dos salóns máis relevantes deste sector no noroeste peninsular; un evento anual referente enmarcado nas festas do San Froilán e que recolle o espírito das mesmas ao longo da súa historia, unhas festas eminentemente rurais e gandeiras nas que durante unha semana se facían transaccións económicas con xente chegada de toda a provincia” e destacou “a importancia da organización desta feira nun momento no que o sector agrogandeiro en Lugo está a vivir unha nefasta situación”.
Sectores como animal vivo, nutrición animal e hixiene, sanidade animal, xenética animal, sistema de ordeño, agroquímicos e fertilizantes, produción ecolóxica, xestión medioambiental de residuos agrogandeiros, e equipamentos e instalación para agricultura veranse representados nesta feira, na que haberá unha zona dedicada a expositores de empresas relacionadas co sector rural e gandeiro, así como unha área comercial destinada, principalmente, a maquinaria e servizos agrícolas, na que o público interesado poderá adquirir as últimas novidades do sector.
III Exposición Nacional Canina
No marco da Feira Expolugo A Ruralm o domingo día 6, celébrase a III Exposición Nacional Canina, que está organizada pola Sociedade Cinecolóxica Galega, Expogal, e que contará cun amplo abano de actividades arredor do sector canino que se desenvolverán no Pavillón 2 do Pazo de Feiras.
A oferta de actividades contempla exhibicións de distintas asociacións e entidades que traballan con cans adestrados no desenvolvemento de actividades de salvamento e seguridade, un almorzo con mascotas, o II Concurso de mascotas sen pedigree, o III Monográfico de Bulldog Americano, puntuábel para o Campionato Autonómico de Morfoloxía Canina, e o II Concurso Galego de perruquería canina. Ademais, como novidade, este ano organízase o I Monográfico de Cocker Spaniel, así como un concurso de canicross, onde can e adestrador demostrarán a súa compenetración nunha competición na que se valorarán velocidade, habilidade e axilidade nun percorrido cheo de obstáculos.
No programa de actividades de Expolugo A Rural tamén se organizan unha serie de actividades paralelas relacionadas co sector primario, como a presentación de produtos e novidades no sector, charlas técnicas a cargo de asociacións participantes no evento, celebración de asembleas e xuntanzas de socios, a LXXXIII poxa de gando vacún selecto de Raza Rubia Galega, así como a I poxa de porco celta.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo