Os Príncipes de Asturias visitan o pavillón de Galicia na XXXIV Feira Fitur en Madrid
A XXXIV edición de Fitur deu comezou en Madrid coa participación de 167 países e máis de 120 mil profesionais do sector. O acto inaugural da Feira Internacional de Turismo estivo presidido polos Príncipes de Asturias, que realizaron un percorrido polo recinto. Na visita foron recibidos no pavillón de Galicia polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que reiterou o seu recoñecemento á S.A.R. o Príncipe de Asturias polo seu apoio constante á Ruta Xacobea e por ser o primeiro Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, título que lle foi concedido recentemente pola súa condición de peregrino e divulgador dos valores xacobeos no mundo. O presidente estivo acompañado durante o acto de recepción pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Os Príncipes de Asturias visitaron o pavillón galego, que nos tres días de feira dedicados ao público profesional, acollerá 25 presentacións dos destinos galegos dirixidas a axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación especializados. O pavillón de Turismo de Galicia conta cunha superficie de 967 metros cadrados e cunha estética que se caracteriza pola utilización de materiais naturais para incidir na imaxe de Galicia como destino sustentable.
O pavillón do turismo galego conta cos seguintes módulos expositivos: Galicia; establecementos con Q de Calidade Turística; as catro provincias galegas; o turismo de cidade; o Camiño de Santiago e o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e máis experiencias turísticas en Galicia.
Presentacións da primeira xornada
O salón de actos do pavillón galego acolleu as presentacións de Turismo de Santiago, Turismo da Coruña, o Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Expourense e o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia.
Bandeiras Estacións Náuticas
A directora de Turismo de Galicia participa tamén no acto de entrega de Bandeiras de Estacións Náuticas que certifica a calidade e profesionalización dos destinos para acoller turistas náutico-deportivos. Estacións Náuticas concede os galardóns Bandeira Estacións Náuticas aos destinos membros do Club de Produto de Turismo Náutico de Turespaña, no marco de Fitur.
O recoñecemento destaca as excelentes condicións para a práctica de deportes náuticos dun destino, o impulso de actuacións para enfocar o destino cara ao eido náutico ou a existencia de produtos especializados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia