A Mostra da Oportunidade promocionou a calidade e a variedade do comercio local
A 21ª Mostra da Oportunidade, certame decano das feiras multisectoriais e de descontos en Galicia, pecha esta tarde as súas portas tras tres días de intensa actividade nos que promocionou a calidade e variedade do comercio local, xa que preto do 80% dos expositores procedían de Ourense, polo que esta cita se converteu ademais nun dinamizador das vendas dos esteblecementos da província grazas á presenza, de forma associada, de distintos centros comerciais como o de Ourense Centro, o Couto, Allariz e a Asociación de Comerciantes do Moble de Ourense, que repetiron a experiencia doutros anos e o de Maceda, que acudiu por primeira vez.
A falta de contabilizar as últimas visitas de hoxe domingo pola tarde, o día de maior afluencia dos tres que durou a feira, a organización calcula que foron máis de 10.000 os visitantes que aproveitaron os mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecían descontos de ata o 70%, ofertas como 2x1, 3x1 ou sen IVE. A Mostra converteuse esta fin de semana nunha cita para toda a familia á que contribuíu a zona de lecer pola que pasaron centos de nenos.
Facendo un percorrido pola Mostra na xornada de hoxe podíanse atopar xa numerosos carteis de “Vendido” en estufas, sofás lámpadas. Destacou a ampla oferta de estufas e sistemas de calefacción, cuxos expositores contaron cunha importante afluencia de público. Outros artigos de menor tamaño e importe como os puffs, os colchóns ou as alfombras tamén rexistraron bos niveis de venda. Por outro lado, o téxtil volveu ser o sector máis solicitado polos visitantes que non deixaron pasar a oportunidade de mercar prendas de pel, calzado ou festa con importantes descontos e onde destacaba a oferta en roupa infantil e material deportivo con primeiras marcas.
Un pouco antes do peche desta 21ª edición realizaranse os sorteos de numerosos premios. A Mostra quere premiar a fidelidade dos seus visitantes e sorteará artigos de fogar e complementos, ademais dos tres cheques de 100 euros para mercar nos establecementos asociados ó Centro Comercial Couto que expoñen na feira.
O balance da 21ª edición poderíase resumir así: maior calidade dos produtos ofrecidos, fidelidade do público, liquidación de stoks de tempada por parte dos expositores e o sector con máis éxito, o téxtil.
A vindeira cita de Expourense será os días 9 e 10 de abril coa celebración da 9ª edición de Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral.

Gabinete de Comunicación Expourense