Nadal en Galicia: o presidente da Xunta pregona a XLIII edición do Belén Electrónico de Begonte
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou a XLIII edición do Belén electrónico de Begonte. Alí aproveitou para ratificar, “para este 2015”, o compromiso da Xunta de seguir traballando “por consolidar ese camiño da recuperación e da mellora das condicións de vida de todos os galegos e galegas”. Deste xeito, o mandatario galego gabou o comportamento de “todos os galegos” que “estamos dando exemplo de como sabemos construír entre todos unha Galicia máis próspera e solidaria”.
Na súa intervención, Feijóo destacou o carácter especial do Belén de Begonte que converte “un acontecemento ocorrido a miles de quilómetros de distancia e miles de anos atrás no tempo” nun “acontecemento próximo e rodeado de elementos da nosa vida cotiá”. Por este motivo, dixo o presidente, “transcende o meramente figurativo para converterse case nunha pequena mostra de como é o noso país”.
O Centro Cultural José Domínguez Guizán acolle o Belén begontino do que o titular da Xunta salientou que ao longo dos seus máis de 40 anos de existencia, xa se converteu nun gran referente vital para todos nós”. Do mesmo xeito enxalzou a súa tradición como “un fenómeno que traspasa o seu carácter relixioso para formar xa parte do noso patrimonio cultural”.
O presidente recordou algúns dos exemplos galegos da tradición belenística “de gran valor artístico e histórico” como o Belén Artesanal de Valga, a Grande Obra de Atocha na Coruña, o de Betanzos, o da Orde Terceira En Ferrol ou o de Arturo Baltar en Ourense.
Festa de Interese Turístico de Galicia
O 23 de outubro o Consello da Xunta aprobou a declaración do Belén de Begonte como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Neste sentido, o xefe do Executivo galego destacou algunhas das súas calidades como “a súa antigüidade, o seu arraigamento popular, o seu valor cultural, a afluencia de visitantes, a súa calidade e a súa creatividade”, valores todos eles, que contribuíron a que a “Festa do Belén electrónico de Begonte sexa xa unha protagonista obrigada na lista de 108 Festas de Interese Turístico de Galicia”.
Recordo para o seu creador
Durante o seu relatorio, Feijóo lembrou que “a magnífica montaxe que hoxe podemos observar é o resultado da constante dedicación de José Rodríguez Varela” que este ano contará cunha figura del mesmo representada no Belén de Begonte”.
“Non podo imaxinar unha homenaxe mellor para Joselín que formar parte da súa obra e devolverlle, polo menos, unha pequena parte do legado que deixou a Galicia”, engadiu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia