A Mostra de Olería de Buño, símbolo da capacidade da artesanía galega para crear emprego e riqueza
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou á Mostra de Olería de Buño como símbolo da capacidade galega para crear emprego e riqueza a través da fixación de postos de traballo no rural, o turismo, e a proxección internacional da imaxe de Galicia. Conde inaugurou a trixésimo segunda edición da Mostra da Olería, “coa que Buño amosa o seu potencial artesán, recoñecido internacionalmente, e se converte durante uns días no foco turístico de toda a Costa da Morte”, sinalou o conselleiro.
Conde defendeu esta cita obrigada para os profesionais e amantes da artesanía como un escaparate perfecto para o traballo dos artesáns oleiros, que destacou como “moito máis que un oficio secular”. Porque a artesanía, dixo Conde, ten permitido fixar poboación no medio rural, “algo do que Bergantiños é testemuña, con 14 obradoiros de cerámica e olería, dos 71 enmarcados en Artesanía de Galicia”, integrados entre as máis de 2.500 empresas e 5.100 traballadores do sector artesán galego, “configurado como un compoñente fundamental do patrimonio cultural da nosa terra”.
A esa importante labor responde, salientou, Plan de Artesanía de Galicia, que suma 5M€ para impulsar a comercialización da artesanía e impulsar a súa adaptación ás novas tendencias do mercado. Neste senso, adiantou a próxima convocatoria dunha nova orde de axudas á promoción comercial da artesanía galega, para axudar aos artesáns a que participen en feiras, que este ano a Xunta abrirá a Concellos e asociacións.
En todo ese traballo, sinalou Conde, é fundamental o labor que artesáns como os oleiros de Buño están a facer para impulsar a proxección internacional da artesanía galega e, con ela, de Galicia. “O mercado da artesanía galega á Galicia, certo, pero tamén é o mundo”, dixo o conselleiro, que destacou que un de cada cinco artesáns galegos está a vender os seus produtos nos mercados estranxeiros, e un 16% adicional dos artesáns da comunidade ten previsto vender no estranxeiro antes de 2018. Para consolidar esa corrente, un dos obxectivos da Xunta é precisamente reforzar e mellorar a presenza da artesanía noutros mercados. Neste senso, Conde subliñou que nos últimos anos a olería de Buño acompañou cada un dos pasos que a Xunta deu co fin de achegar a Artesanía de Galicia a novos mercados internacionais, participando nas feiras Formex, en Estocolmo; Tent London, en Londres; Galicia Pórtico Universal, en Hamburgo e Bos Aires; e L’Artigiano in Fiera, en Milán.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia