Skip to main content

Presentado O Marisquiño XVIII como o gran evento de deporte urbano do sur de Europa

Neste sentido, a secretaria xeral destacou a maior novidade desta nova edición do Marisquiño que é “a estrea da competición do deporte urbano por excelencia e un dos máis practicados en todo o mundo, o basket 3x3, outra especialidade deportiva que tamén será olímpica en Toquio”. Así, declarou esta edición do 2018 do Marisquiño como “a máis urbana, a máis olímpica e a máis multitudinaria”.

No seu relatorio a secretaria xeral quixo enumerar tamén o resto de competicións que terán lugar en Vigo ao longo da fin de semana como o FMB Dirt Jump (saltos de bicicleta), o MTB Down Town (descenso de mountain bike), o flatland (acrobacias sobre bicis de BMX), FMX (freestyle de motos) e así como outras disciplinas como o graffiti, o break dance ou os espectáculos de música en directo.

Dentro de todas estas modalidades, dixo a titular de Deporte galego, O´Marisquiño contará con 1.400 deportistas chegados de todo o mundo entre os que estarán algúns e algunhas dos seus mellores representantes. A secretaria xeral informou tamén de que grazas á retransmisión por streaming, “calquera dos cinco continentes poderán desfrutar do gran evento do deporte urbano do sur de Europa”. O festival conta coa asistencia de máis de 160.000 persoas ao longo dos seus tres días.
R.