Skip to main content

Os escoceses 'Holiday Club' completan xunto aos asturianos 'Deira' e os galegos 'Faíscas da Pontraga' o trío de finalistas do concurso Runas, do Festival de Ortigueira

Holiday Club foi formado por Luisa Brown e Freya Rae no 2018 en Edimburgo cun claro obxectivo, estar de vacacións o máximo tempo posible. Este demostrou ser un excelente modelo de negocio e no tardaron en aterrar como cuarteto en Holanda, Portugal, Galicia, Chipre, Francia ou Alemaña. Cada integrante é un músico de xira internacional por dereito propio, membros de bandas galardonadas e aclamadas pola crítica como Dallahan, Blue Giant Orkestar, Birlinn Jiarg ou Brúa.

A súa música nace das “sessions” e foliadas e reflexa as raíces da súa propia tradición escocesa, irlandesa e galega, incluindo no seu repertorio unha gran parte de composicións propias. Interpretan unha música folk diferente, fresca e animada conseguindo que o público baile de principio a fin nos seus concertos. O seu lanzamento máis recente, 'Holiday Club Live', foi gravado no festival Rubrifolkum en Barcelona e presenta unha selección de temas do seu último concerto en directo, na primavera de 2020.

Deira son Gonzalo, Salva e Juan, que levan tan só un ano compartindo escenario, únense como trío por primeira vez nada menos que no Festival Interceltique de Lorient, onde reciben a proposta de actuar cada noite como músicos residentes na carpa de Asturias, facendo un repertorio de versións e músicas tradicionais do arco atlántico. Alí tamén foron finalistas do concurso de grupos de Loïc Raison. Desde entón, comezou a tomar forma este proxecto ao que bautizaron co nome de “Deira”.

De orixe bretona, Deira era un antigo reino situado en Inglaterra, no actual York. O termo provería posiblemente da palabra “Deifr”, que significa "aguas", o de “Daru”, que significa "carballo". A experiencia de cada un dos seus músicos procede de grupos cunha clara tendencia folk pero con estilos totalmente diferentes, Stolen Notes, Young Forest, Vrienden.

A fusión destes estilos xunto coa formación clásica dos tres, dan como resultado un son único onde predomina un sentimento mutuo: a paixón.

Faíscas da Pontraga fundouse en xullo do ano 2002, tras a xuntanza de catro amigos para participaren nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos até constituírmonos na murga tradicional que hoxe son.

Ademais da presentación oficial ante a súa xente, teñen realizado varias presentacións e concertos pola península (Euskadi, Burgos, Bierzo, Salamanca, Valladolid...), por Europa (Italia, Portugal, Suíza...) e en abril do 2017 cruzaron o Atlántico para facer unha xira polo Río da Prata, con varios concertos por Arxentina (Bos Aires e Mar del Plata) e Uruguai (Maldonado e Montevideo).

En decembro de 2015 gravaron o noso primeiro traballo discográfico chamado “VELAÍ VÉN!”, que saíu á luz en abril de 2016 e que presentaron oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano. Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do seu traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo.

Aínda que son un grupo que fai música de corte tradicional, con gusto pola investigación e recuperación de temas populares recollidos a través da trasmisión oral, que despois expoñen en concerto cunha presencia principalmente instrumental e vocal, aderezan os seus directos cunha pequena mostra de baile tradicional. Son xa máis de 600 concertos nos seus 16 años de camiño, recuperando e mantendo sons e melodías que nos transportan no tempo, que non no espazo, pois a súa raíz é inconfundible.

O xurado 2020 estivo formado por:
Ernesto Campos, músico, compositor e docente no conservatorio Mayeusis de Vigo.
Bruno Lozano, licenciado en música tradicional pola Universidade de Vigo, músico, gaiteiro e presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.
Pablo Seoane, gaiteiro, delegado en Galicia do Festival Intercéltico de Lorient.
Alberto Balboa, coordinador do Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira.
R.