Declarada de Interese Turístico Nacional a Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento

Turismo de Galicia emitiu un dos informes favorables que forman parte do expediente para a declaración agora conseguida. Valórase, entre outras cuestións que a festividade, declarada en 2008 como desta de interese turístico de Galicia, goza dunha notoria popularidade e conta con importante arraigo e participación cidadá. Ademais, tense en conta que se celebra ao redor dunha manifestación gastronómica durante o Entroido, o que lle confire gran relevancia para a economía e se consolida como atractivo turístico.
A declaración como Festa de Interese Turístico Nacional publicarase proximamente no Boletín Oficial do Estado (BOE). A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
R.