El Forum Orienta 07 informa a más de 10.000 estudiantes de la oferta educativa de universidades, Formación Profesional y enseñanzas artísticas

Así, el Forum Orienta 2007 divulga información que se complementa con actividades paralelas como exposiciones, concursos, conciertos, mesas redondas, actividades deportivas y una visita al Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:
Preto de 10.000 persoas participan do 24 ao 27 de abril na primeira edición do Forum Orienta 2007, que se celebra no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, e que ten como obxectivo achegar ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato, profesorado, pais e nais e orientadores; a oferta do ensino superior en Galicia, as novidades máis salientables neste eido e as posibles saídas profesionais. O evento está promovido e organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa participación das Universidades de Santiago de Compostela (USC); da Coruña (UDC); e de Vigo (Uvigo); así como das Consellerías de Medio Ambiente e Sanidade. O Forum foi presentado en rolda de prensa polos directores xerais de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis Fidalgo; de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido Tourón; e de Formación Profesional e Ensinanzas Especias, Antonio Vázquez Vázquez.
Todos os centros públicos e privados de ensino secundario de Galicia foron invitados a visitar o Forum Orienta 2007, que se celebra en horario de 10:00 a 19:00 horas, agás o día 27, no que pecha as súas portas ás 14:00 horas. Están inscritos un total de 7.875 alumnos e alumnas procedentes de 111 centros. Ademais, o xoves pola tarde e o venres pola mañá son xornadas de portas abertas, polo que calquera persoa interesada poderá achegarse.
Os obxectivos de Orienta 2007 son ofrecer aos visitantes toda a información sobre a oferta formativa do ensino superior (Universidades, Formación Profesional e Ensinanzas Especiais) na Comunidade galega; difundir e orientar sobre as liñas de bolsas, axudas e premios para o alumnado que accede a estas ensinanzas; informar sobre o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES); achegar información sobre as probas e o sistema de acceso á Universidade; divulgar o papel das universidades na promoción científica e tecnolóxica de Galicia; e informar sobre os servizos complementarios dos campus universitarios, coma as residencias, a cultura, os deportes, o transporte, os comedores, etc.
O Forum desenvólvese en 6.000 metros cadrados útiles. Nesta superficie, os visitantes poden acceder ao posto do Sistema Universitario de Galicia, onde investigadores das universidades galegas e técnicos da Consellería ofrecen información práctica sobre a investigación, o Espazo Europeo de Educación Superior, a oferta de títulos das universidades galegas e as bolsas e axudas para alumnos universitarios.
Ademais, as Universidades da Coruña (UDC), de Santiago de Compostela (USC), e de Vigo (Uvigo), terán os seus propios postos, onde alumnos, profesores e técnicos ofrecen unha completa información sobre a oferta de estudos destas institucións académicas; así como sobre actividades, comedores, bolsas, etc. A Consellería de Sanidade está presente a través dun posto sobre condición física, que será atendido por alumnos da titulación de Ciencias do Deporte e da Educación Física.
Pola súa banda, os alumnos, profesores e técnicos de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais divulgarán a oferta completa de estudos de cada familia profesional e das ensinanzas artísticas. A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) tamén terá contará cun posto propio, que informará sobre as probas de acceso á universidade. Así mesmo, haberá un stand informativo que conterá documentación sobre o premio de excelencia académica que organiza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Ademais dos distintos postos informativos, o Forum Orienta desenvolverá un amplo programa de actividades, como charlas, exposicións, concursos, mesas redondas, proxeccións, información sobre seguridade viaria, e unha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Tamén haberá un área lúdica, na que se celebrarán concertos a cargo de grupos de música das universidades e dos alumnos e alumnas do Conservatorio Superior de Música da Coruña; ademais dunha representación de teatro universitario, e exhibicións deportivas. Así mesmo, instalaranse un rocódromo e un columpio acrobático.
O alumnado asistente e os seus acompañantes recibirán unha bolsa que contén diverso material divulgativo. Ademais, toda a información pode consultarse no enderezo www.edu.xunta.es/forumorienta.
Segundo explicou o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis Fidalgo, trátase dun “novo formato, dinámico e atractivo”, que proporcionará ao alumnado “unha información máis personalizada”. Ademais, salientou que este evento ten unha vocación continuadora, e que nos próximos anos rotará por distintas cidades galegas.
Pola súa banda, o director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez, salientou que os postos que dependen da súa dirección incidirán no ámbito formativo destas ensinanzas; nas posibilidades de emprego que ofertan; e na dimensión europea que acadan como consecuencia da aplicación da Lei Orgánica de Educación (LOE); e subliñou o carácter “participativo” deste evento. O director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido, explicou que Orienta 2007 pretende “resaltar o papel esencial da Universidade na produción científica” a través de distintas experiencias que fagan visible a importancia da ciencia dentro da institución académica.
R.