La Xunta reitera su compromiso de apoyo a la acuicultura gallega a través de Acui 2010

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana reiterou o “apoio firme do novo Goberno” á Feira Internacional de Acuicultura de Galicia (ACUI), que se celebrará en Vilagarcía de Arousa e que converterá durante os días 2, 3 e 4 de marzo a Galicia no centro de atención do panorama alimentario internacional. Está previsto que a feira, que ten carácter bienal, se celebre os días 2, 3 e 4 de marzo de 2010.
“Entendemos que é positivo para o desenvolvemento de calquera actividade o intercambio de ideas e experiencias”, apuntou a conselleira do Mar na presentación, que tivo lugar hoxe en Santiago. A titular de Mar entende que é positivo para o tecido galego traer expositores doutros países xa que “nós podemos aportar moito a nivel mundial, pero tamén é gratificante para nós que outros países veñan a amosar os seus avances, as súas debilidades e os seus atrancos e como fan para resolvelos”.
Rosa Quintana afirmou na presentación do evento que o seu departamento fará todo o posible por potenciar a feira e que “tratará “de que a participación de empresas tanto de aquí como de fóra sexa a maior posible” xa que considera que feiras como estas “son moi importantes para a economía e a sociedade galega”. “Hoxe arranca a máis íntima colaboración entre a organización da feira e a Consellería do Mar para conseguir que o 2010 sexa o ano da acuicultura”, sentenciou.
A Xunta de Galicia participará en ACUI 2010 cun stand de 250 metros cadrados, nos que se manterán encontros tanto con empresas coma institucións, no que se dará acollida ás asociacións para potenciar a súa proxección, e no que haberá un espacio dedicado á I+D+i en acuicultura da man do IGAFA e do CIMA.
R.