Lalín celebra la XLIV Feria del Cocido de Galicia que este año pregona el periodista Pedro Piqueras
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou a importancia da Feira do Cocido para Galicia na presentación da XLIV edición da Feira do Cocido de Lalín, realizada na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
No acto, no que xunto ao conselleiro estiveron presentes os alcaldes de Lalín e Santiago de Compostela, José Crespo e Gerardo Conde Roa, respectivamente, así como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, destacouse a importancia deste encontro gastronómico que se celebrará o vindeiro 12 de febreiro no concello de Lalín. Asemade na rolda de prensa recordouse que a organización da feira aposta pola integración das persoas con discapacidade, polo que se realizarán melloras de cara a que todos os asistentes gocen plenamente do encontro.
Durante a súa intervención o conselleiro salientou a importancia desta cita “un dos sinais de identidade de Galicia, un referente gastronómico e cultural que, grazas ao impulso que cada ano lle dá o concello de Lalín, nos permite presumir de outro gran produto de calidade galega”. “Un produto –engadiu- que chega a todos os sitios, como o demostra a declaración de ben de Interese turístico, primeiro autonómico, concedido pola Xunta en 1999 e logo de ámbito nacional no 2010”.
Neste sentido o conselleiro explicou que esta cita gastronómica logra cada ano difundir a nosa cultura “máis aló de Lalín e de Galicia, achegándose a todos a través de distintas accións que se desenvolven nos máis diversos lugares, como Venezuela, Andorra, Alemaña, o Vaticano ou Portugal”.
A XLIV edición da Feira desenvolverase ao longo do domingo 12 no concello de Lalín, co desfile de carrozas, a lectura do pregón a cargo do xornalista Pedro Piqueras , a reunión da Encomenda do Cocido, o nomeamento da ex vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedroso, como nova comendadora e a degustación do cocido.
Cómpre sinalar que está festa, que o ano pasado reuniu a máis de 70.000 persoas sendo un impulso para o turismo da zona, foi declarada pola Xunta de Galicia de Interese Turístico en 1999, e desde o 201 e Festa de Interese Turístico Nacional.
A Feira do Cocido compleméntase con numerosas actividades, así desde o pasado 15 de xaneiro, e ata o 14 deste mes, unha trintena de establecementos hostaleiros do concello de Lalín ofrecen o cocido. Asemade celebrase a matanza do porco, e convocase o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” e os Premios da Gastronomía de Galicia que se entregan na gala que se realizará no Lalín Arena o 10 de febreiro.
Ademais todo isto se complementa con accións dirixidas a todos os públicos, como Divercocido para os máis cativos; o Ralli e o Enduro do Cocido como competicións deportivas do mundo do motor, e diversas e variadas actividades culturais e concertos que completarán o programa da XLIV edición da Feira do Cocido, como a semana gastronómica que se celebra en Madrid, co obxectivo de seguir dando a coñecer esta festa galega.
http://entroido.galiciadigital.com

R.