Skip to main content

PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO

PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO
Dirección: 
Avenida dos Deportes, s/n - Lugo, Lugo (27004) Lugo
Teléfono(s): 
982 285 200
Fax: 
982 285 205
Correo electrónico: 
correo@pfclugo.com

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, foi inaugurado o 16 de abril de 1998. Estas instalacións vangardistas, que neste ano 2008 cumpren 10 anos de existencia, elevaron a Lugo á categoría de cidade feiral e congresual. 

O recinto aporta hoxe todos os elementos que cómpren para promover, fomentar e impulsar calquera proxecto que se emprenda.

O edificio feiral e congresual lucense é un conxunto capacitado para a realización de calquera tipo de evento.

A súas instalacións, multifuncionais e polivalentes, converten ó Pazo de Feiras e Congresos de Lugo nun dos principais centros de negocio da provincia.

Para a organización da súa feira, exposición ou congreso, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo dispón de 27.000 metros cadrados nos que se integra unha coidada arquitectura, composta por un edificio central e dúas ás laterais nas que se atopan os pavillóns, un dos cales está acondicionado para a celebración de concertos. 

Asemade conta con dúas plantas de cafetería e restaurante na planta baixa así como salón de actos e dúas salas máis pequenas no primeiro andar. 


PLANTA BAIXA 

A ambos lados do hall, situado no edificio central, atópanse as entradas aos dous pavillóns expositivos, unidos por unha galería interior. Dita galería permite convertir os dous pavillóns nun único espazo cando así é necesario ou pola contra organizar eventos independentes en cada un deles.

O pavillón 2 está preparado para acoller concertos de xeito que as condicións acústicas sexan óptimas para a celebración deste tipo de eventos. 

Dende o hall tamén se accede á cafetería e restaurante, divida en dous andares pode acoller uns 600 comensais. 


PRIMEIRO ANDAR 

No primeiro andar sitúanse as oficinas da Fundación Feiras e Exposicións, ademais de aloxarse nel as oficinas de diviersos organismos e institucións. 

O andar conta cun salón de actos e dúas salas de menor tamaño. O salón de actos conta con equipo de megafonía e proxección e ten unha capacidade de 500 persoas. Está acondicionado para poder ser dividido en tres espazos máis pequenos por medio dunhas mamparas móbiles e aillantes sonoras de xeito que poden transcurrir a un tempo tres actos distintos nese mesmo salón.

As outras dúas salas teñen unha capacidade aproximada,e dependendo da disposición das cadeiras, de 100 persoas. 

Asemade existe neste mesmo andar unha sala de xuntas e unha sala VIP.


ÁREA EXTERIOR 

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo está situado á beira do río Miño, nun entorno privilexiado e cunha ampla zona de xardíns ao seu arredor a cal forma parte dun paseo fluvial.


SERVIZOS ADICIONAIS 

O Pazo oferta un abano de servizos adicionais para facilitar as tarefas de organización de cada evento: mobiliario, restaurante, iluminación e son, teléfono e internet, seguridade, gabinete de comunicacion e deseño, aparcamento, limpeza, gardarroupa,...

Tamén dispon de proveedores externos de grande experiencia na organización de eventos que ofertan uns servizos adicionais de grande calidade e colaboran a diario en conxunción cos nosos profesionais. 

Contido relacionado
Compartir