Skip to main content

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Dirección: 
Rúa Alexandre Bóveda, s/n • 36005
Teléfono(s): 
986 833 061
Fax: 
986 874 070
Correo electrónico: 
comunicacion@pazodacultura.org
Correo electrónico: 
coordinacion@pazodacultura.org

O Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra é un Organismo Autónomo creado no seo do Concello de Pontevedra, coa finalidade de xestionar as actividades culturais, turísticas e comerciais nos ámbitos da música, ópera, teatro, congresos, exposicións, feiras, conferencias e outras actividades de análoga natureza a desenvolver nestas instalacións municipais.

Atópase na marxe do río Lérez, a cinco minutos do centro da cidade, e pode acoller desde unha pequena reunión ata un acontecemento internacional de gran envergadura. Posúe unhas instalacións modernas e ampla experiencia na organización e xestión, que garanten o éxito de calquera actividade.

O Pazo de Congresos dispón dun magnífico auditorio polivalente con aforo para 772 persoas, una sala de exposicións de 1200 metros cadrados, un recinto feiral, un salón de actos para 276 persoas, oito aulas para 40 persoas cada unha, aparcadoiro, restaurante e cafetaría, asi como todo o necesario para organizar desde un pequeno seminario ata un gran acontecemento.

Tanto o deseño do edificio como o seu aproveitamento, converten ao Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra nun espazo moi apto para a realización de actos de diversa índole. A súa estrutura, caracterizada pola capacidade de interacción entre os diferentes espazos que nel se engloban, permite proxectar e desenvolver eventos nos que se pode combinar a celebración de actividades congresuais e feirais con calquera representación cultural, integrando desde un concerto cun salón, ao mesmo tempo que un obradoiro ou seminario, co aproveitamento das sinerxías derivadas dos mesmos.

Contido relacionado
Compartir