Promociónanse en Madrid O Corpus Christi de Ponteareas e a Ruta da Lamprea
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou na Casa de Galicia de Madrid a festa do Corpus Christi de Ponteareas e a Ruta da Lamprea nun acto que contou tamén coa participación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.
Este novo produto turístico, que comprende dezaoito municipios galegos situados nas beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre, pon en valor turístico os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais destes concellos ao redor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe.
Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia explicou que a lamprea habita desde fai máis de 500 millóns de anos nos ríos Tambre, Ulla e Miño.
Dependendo do río e do emprazamento no seu curso, utilízanse diferentes construcións e sistemas de captura polo que, segundo sinalou Nava Castro, a fama da que goza a lamprea a nivel internacional, non só é atribuíble á calidade do produto, senón tamén á forma artesanal da súa captura. “Tanto as pesqueiras como as artes de pesca son elementos tradicionais e singulares do territorio e da paisaxe que perviviron ata os nosos días e que integran o patrimonio material e inmaterial dos concellos galegos situados ás marxes destes ríos”, explicou.
Neste senso, Nava Castro sinalou que tanto as construcións como os sistemas que se utilizan para a captura da lamprea constitúen elementos de gran potencial turístico.
A responsable de Turismo da Xunta explicou que este compendio de recursos combínase na Ruta da Lamprea en cada unha das zonas dos tres ríos coa visita a lugares de interese natural e cultural a súa contorna. “Así, esta ruta da a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e á súa captura, mostrando aos visitantes desde as artes de pesca como as pesqueiras ou as estacadas, ata recursos naturais e culturais, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas, entre outros elementos”, sinalou.
Así mesmo, Nava Castro destacou que a ruta ofrece multitude de restaurantes que permiten degustar este manxar de maneiras moi diversas.
”Con todo, a Ruta da Lamprea constitúe un novo produto turístico que potenciará a oferta turística dos dezaoito municipios que integra a través de diversos itinerarios que aglutinan diferentes recursos que conxuntamente constitúen un gran atractivo”, concluíu.
Corpus Christi de Ponteareas
Por outra banda, durante a presentación da festividade do Corpus Christi, a directora de Turismo de Galicia destacou a relevancia internacional alcanzada por esta festa avalada pola declaración de interese turístico internacional desde 2009.
Nava Castro explicou que este municipio da provincia de Pontevedra é coñecido a nivel internacional pola arte das súas alfombras de flores naturais confeccionadas para o paso do Santísimo Sacramento, unha tradición que está documentada desde 1857. “Así, o domingo de Corpus Christi numerosas alfombras engalanan as rúas e prazas de Ponteareas nunha profusión de colorido, creatividade e beleza que atrae cada ano a máis visitantes”, sinalou.
A responsable de Turismo da Xunta afirmou que desde Turismo de Galicia se aposta por esta festa polo que este ano apoiouse este evento cunha axuda de 40.000 euros para a súa promoción ao que hai que engadir 15.000 euros grazas ao convenio de colaboración asinado pola administración turística galega con Abanca.
Neste senso, Nava Castro destacou que estas celebracións, “polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio a nivel tanto autonómico como nacional ou internacional, supoñen un importante reclamo de atracción turística”. “Ademais de engadir importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais”, engadiu.
Pola súa banda, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, resaltou “o colorido e a poesía” que residen nesta celebración. “A Festa do Corpus Christi é a festa onde as flores son protagonistas da beleza”, afirmou José Ramón Ónega, ao que engadiu que “súmase a arte no que as xentes de Ponteareas saben poñer beleza, mestría e xenio”. “A Festa do Corpus é a proba do xenio dunhas xentes que aúnan a arte e a beleza”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia