Skip to main content

Os sabores tradicionais de Galicia, protagonistas da segunda edición de Sabores de Ourense

A cita coa mellor gastronomía chega as Festas de Corpus 2016 (25 xuño – 3 xullo) da man da segunda edición de Sabores de Ourense, unha cita coas tapas e os pinchos organizada pola Unión de Hosteleiros Ourensáns, en colaboración co Concello de Ourense, na Alameda do Bispo Cesáreo.

Ate o último día dos festexos (o domingo 3 de xuño) é a hora ideal para tomar un bo aperitivo, entre 12,00 e as 14,00 horas, os ourensáns poderán achegarse a descubrir pinchos, tapas e pratos tradicionais por un precio que vai dende os dous euros a tapa ata os 11 euros os pratos máis elaborados.

Haberá catro carpas que ofrecerán diversos produtos. Unha estará especializada en ofrecer comida para levar para a casa, mentres que a outra ofrecerá un amplo surtido de pinchos e tapas típicas. Unha terceira estará especializada en ofrecer productos á prancha e a última estará especializada en polbo, lacón e pratos tradicionais.

Os organizadores insisten en que nesta segunda edición a aposta será polos productos galegos, a así o demostra a carta que ofrecen que consta de xamón asado, tortilla, croquetas de boletus e de xamón, tempura de verduras, tablas de afumados, pementos do país e de Padrón, xoubas, polbo, ensaladas e distintas preparacións de mexilóns.

Ademáis, a cita gastronómica recupera unha das iniciativas máis valoradas nas últimas edicións das Festas de Ourense, unha carpa especializada en mojitos.

A Alameda do Bispo Cesáreo tamén acollerá este martes unha cita coas risas e os ritmos máis desenfreados. Será en súas sesións, ás 12,00 e ás 20,00 horas, de máns de Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso, que conforman Odaiko Percussion Group.

Música, ritmo e circo, da man

Odaiko é un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, flamenco, folk e mesmo sonidos a música tradicional hindú e senegalesa e que pode recordar a grupos coma “Mayumaná” ou “Stomp”, que fan música con obxectos. Nembargantes, co seu espectáculo “Vaia circo” van un paso máis adiante ao contar unha historia entorno a un circo.

Coma se dun “circo desastre” se tratara, os membros de Odaiko montarán o seu propio espectáculo no que os elementos percusivos van ser os materiais que empreguen nas súas acrobacias.

Así poderánse ver baquetas voando, tambores usados coma artiluxios de circo, instrumentos creados polos propios artistas e escoitarse música do máis virtuosa en directo.

Fórmula V repasa o mellor do seu repertorio

Ás 22,30 horas a Praza Maior de Ourense acollerá unha cita coa nostalxia e a boa música coa actuación dun dos grupos máis destacados da “década dourada” do pop español: Formula V.

Os responsables de cancións que son auténticos himnos populares como “Eva María”, “Un rayo de sol”, ou “Vacaciones de verano”, chegan a Ourense coa nova agrupación formada no ano 2002, liderada polo cantante Paco Pastor.

Xunto a él, no escenario dous dos músicos que participaron na época “dourada” de “Los Diablos”, Emilio Sancho (batería) y Giani Scavini (teclados), así como por Juan Antonio López (bajo) componente de “Los Salvajes”

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense