Os efluvios oníricos de Remate impregnarán esta semana o TerraZeando
Surrealismo cínico e socarrón directo á médula do oínte, ou coma se eo veleno da picadura dun escorpión tricéfalo encarnárase en Jim O’Rourke, Stephen Merritt y Mark Everett.
Na súa última entrega, a epopeia “Cabello de Ángel, Tocino de Cielo“, os seus textos -non tan oníricos e as veces desesperadamente terapéuticos- retratan o fanatismo costumbrista dun pasado, pero visto dende a vergoña allea, a que por obriga familiar tocoulle vivir. Tanta tanta, coma para ter que sacar a cabeza do burato e non caer afundido ante o diván del psicólogo.
Tapado de oro imprescindible da música contemporánea ibérica, Remate compartiría banquillo con Dalí para afirmar aquelo de “surrealismo soy yo“… Aínda áxil, veloz e con extrema pulcritude: “Tal como una araña a punto de comerse una mosca”.
Como en edicións anteriores, os concertos serán gratuítos, sendo isto posible grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural e ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; dos nosos patrocinadores: SON Estrella Galicia, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío; dos colaboradores: Hotel Costa Vella, Restaurante Resas e MAS\GALICIA; e por suposto, dos titulares dos espazos nos que celebramos os concertos.

Desconcierto Cultural