Skip to main content

Dúas Noites Curtas quentan motores de cara á décimo terceira edición de Curtocircuíto

A entrada será de balde para ámbalas sesións, que comezarán a partir das 21:30.

A Noite Curta do mércores 25 de agosto presenta un programa cos traballos máis destacados da edición de 2015, que inclúe Blood below the Skin (Jennifer Reeder, 2015, Estados Unidos) e Becoming Anita Ekberg (Mark Rappaport, 2015, EE.UU/Francia) premio e mención, respectivamente, na categoría Radar.

Para a Noite Curta do mércores 1 de setembro, Curtocircuíto volve aliarse con WOS para traer á cidade de Santiago un programa audiovisual e musical arriscado, vangardista e para todos os públicos. Esta colaboración está encadrada nun acordo máis amplo entre os dous festivais que tamén inclúe o co-comisariado por parte de Curtocircuíto da programación cinematográfica do festival WOS.

Dúas sesións de cine e música para ir abrindo boca de cara ao festival, un evento multidisciplinar que, do 3 ao 9 de Outubro, traerá a Compostela música, cinema expandido e actividades formativas, acompañando un ambicioso programa de proxeccións cinematográficas.

Ademais, esta semana ábrese o prazo de inscrición para as actividades formativas que terán lugar en outubro, que celebra este ano a súa décimo terceira edición. Obradoiros sobre crítica cinematográfica, dirección de fotografía e son a cargo de profesionais de referencia internacional como o crítico nortemericano Jonathan Rosenbaum, o artista sonoro Xabier Erkizia e o director de fotografía Diego Romero.
Comunicación | CURTOCIRCUÍTO Festival Internacional de Cine