Turismo de Galicia promociónase na feira Vakantiebeurs, o mercado máis importante de Holanda
Turismo de Galicia inicia na cidade de Utrecht (Holanda) o programa de promoción internacional da oferta turística galega para o ano 2017 coa participación na feira Vakantiebeurs, o principal mercado turístico holandés.
Trátase dun certame de carácter xeralista aberto tanto ao público final como aos profesionais do sector, no que o departamento de Turismo da Xunta presentará os produtos turísticos galegos, sobre todo os relacionados coa natureza.
Nesta feira, os visitantes mostran un interese especial pola oferta relativa ao sendeirismo, o cicloturismo, a bicicleta de montaña e o Camiño de Santiago, así como polos espazos naturais e o turismo cultural.
Neste sentido, Turismo de Galicia presenta en Vakantiebeurs as distintas posibilidades para realizar o Camiño de Santiago na Comunidade galega, a rede de centros BTT, as rutas de sendeirismo e os espazos naturais, entre outros recursos turísticos galegos.
Esta é a primeira feira internacional a que asiste Turismo de Galicia neste 2017, ano no que levará a oferta turística galega a un total de 46 feiras sectoriais, cinco máis que o pasado ano.
Demanda holandesa
Polo que respecta á demanda turística holandesa, os Países Baixos, con máis de 44.000 pernotias, supuxeron o 2,5% da porcentaxe total da ocupación hoteleira internacional en Galicia ao longo dos once primeiros meses do ano 2016.
No tocante ao Camiño de Santiago, un total de 3.658 holandeses realizaron a Ruta xacobea e recibiron a Compostela o pasado ano 2016, un 4,48% máis que no ano 2015. Holanda ocupa o posto número catorce no ranking de países emisores de peregrinos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia