Ourense desembarca na feira internacional Fitur para posicionarse como destino perfecto para escapadas
O Concello de Ourense acudirá a Madrid para promocionar a cidade na Feira Internacional de Turismo Fitur. Así o informou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa na que deu conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local. Así, o mércores 18 de xaneiro ás 13:30 horas “presentaranse actos innovadores e chamativos para difundir a imaxe turística de Ourense e posicionar a nosa cidade como un destino perfecto para escapadas”, en palabras de Vázquez Abad.
No marco de Fitur, o Concello aproveitará para difundir a campaña Ourense, un plan perfecto entre empresarios da capital, así como para manter contactos orientados á captación de novos visitantes. Tamén se falará das posibilidades de paquetes turísticos, incluíndo os trens especiais que percorren a nosa xeografía, pero tamén eventos que convertan Ourense en centro de recepción de profesionais. Tal é o caso de Termatalia e do salón gastronómico Xantar, presentacións ás que tamén acudirán representantes do Concello de Ourense co gallo de posicionar a cidade como destino de congresos.
Ourense contará ademais cun stand propio en Fitur no que a Concellería de Turismo e Termalismo porá en coñecemento do sector profesional e tamén dos visitantes da feira a oferta termal, gastronómica e cultural da nosa cidade.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense