Mar impulsa a captación de clientes náuticos de Centroeuropa no salón Boot Dusseldorf
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia está a traballar na captación de novos clientes náuticos procedentes de centroeuropa para as instalacións náutico recreativas galegas. Con este obxectivo, o ente público está presente estes días no salón Boot Dusseldorf, onde promociona a oferta da nosa comunidade e coordina a presenza de outras entidades náuticas e institucións galegas.
Dentro da súa estratexia de promoción da náutica de recreo, contemplada como un dos eixos básicos de traballo no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que a Consellería do Mar está a executar a través de Portos de Galicia, está a establecer contactos comerciais con empresas e asociacións estranxeiras de países como Francia, Gran Bretaña e Irlanda.
Unha vez establecidos contactos comerciais, Portos pretende agora abrir mercado no norte e centro de Europa. Para iso, no marco do salón de Dusseldorf, o presidente de Portos, José Juan Durán, está a manter diversos contactos con entidades náuticas de Alemaña, Polonia, Suecia e portos do mar Báltico para consolidar os portos galegos como puntos de atraque nas rutas que realizan estes navegantes cara a puntos máis ao sur.
Así mesmo, o ente público afonda nestes días na apertura de novos mercados no ámbito da náutica recreativa a través do impulso á chegada á Galicia dos chamados rallies marítimos e catamaráns de grandes dimensións. Trátase de dúas modalidades de negocio náutico que ata o momento viñan estando pouco exploradas na nosa comunidade e que agora preténdense explotar como una vía máis para o reforzo da rendibilidade económica dos portos deportivos de titularidade autonómica.
Os rallies consisten nunha actividade na que pequenas flotillas de entre 20 ou 30 embarcacións desenvolven unha expedición de navegación en grupo. En canto á captación de catamaráns, Portos pretende impulsar a chegada deste tipo de embarcacións de grandes dimensións aos peiraos galegos, tanto como tránsitos como para a hibernada. Non en van, as amplas tripulacións e pasaxe que navegan neste tipo de catamaráns e a demanda que xeran no sector servizos e no auxiliar da navegación e reparación de barcos, poden supoñer un nicho de mercado destacado para os municipios e o tecido empresarial dos municipios con portos deportivos.
Durante as reunións de traballo que está a manter no salón alemán, o presidente do ente público recolleu o interese en firme de entidades estranxeiras interesadas en chegar a acordos nesta liña, así como de promocionar tamén as embarcacións clásicas e veleiros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia