Vedra celebra as XXII xornadas Arredor da Camelia, referente internacional
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron en Vedra á inauguración das XXII Xornadas Arredor da Camelia, organizadas pola Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra.
No contexto destas xornadas, organizadas ao carón do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e que axudan ano a ano a consolidar a camelia como un recurso diferenciador de Galicia, Nava Castro fixo mención á aposta da administración autonómica por poñer en valor o noso patrimonio histórico e botánico a través da Ruta da Camelia, da cal afirmou “xa é todo un referente internacional”.
Segundo explicou, esta ruta construída por unha ducia de xardíns tanto públicos como privados está a dar a coñecer os recursos dos concellos nos que se sitúan os principais enclaves e xardíns con camelias. Neste senso, puxo en valor a sinalización turística propia destes lugares que permite identificalos de xeito sinxelo.
Durante o acto, Nava Castro recordou ademais que este mesmo ano, a administración autonómica porá a funcionar o Comité da Ruta da Camelia. “Será un paso definitivo para a profesionalización dos xardíns con este produto único en Galicia”, indicou a directora incidindo en que a nosa comunidade é o segundo lugar con máis variedades de camelia despois do Xapón, ao albergar máis de duascentas especies e preto de 30 mil variedades diferentes.
Ademais, engadiu que ningún outro lugar ofrece ao visitante unha variedade de especies de flor de camelia, de coleccionistas, de exposicións e de produtores de planta de camelia que se pareza á de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia