A XXI feira de Ourense converte a provincia nun escaparate da artesanía
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou, durante a inauguración da XXI Feira da Artesanía de Ourense, que este evento converte a provincia nun escaparate da artesanía galega. A feira, organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense, conta tamén coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Ourense
Na feira participan máis de vinte artesáns que se dedican a actividades como a xoiería, a pintura, a cerámica ou o coiro, expoñendo numerosas pezas de calidade. Ata o 7 de maio, os asistentes tamén poderán participar en obradoiros de artesanía como os de olería que impartirá o oleiro de Gundivós, Tomás López; os de madeira de Roberto Figueira; os de instrumentos musicais a cargo de Xosé Piñeiro; os de tear de Concha Outeiriño; ou os de cestería con papel reciclado que impartirá a artesá María José Martínez. O horario da feira será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
A directora asegurou que a Xunta de Galicia aposta pola comercialización, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais, xa que constitúen unha ferramenta de dinamización social e económica, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia