Ponse en valor a tradición das fogueiras do San Xoán no Aquelarre Poético da Coruña
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pronunciou o pregón da Festa do Aquelarre Poético de A Coruña, un acto tradicional de exaltación da Meiga Maior e das Meigas de Honra das Fogueiras 2017 que celebra a súa cuadraxésimo sétima edición e que serve, ano a ano, como acto previo ás fogueiras do San Xoán.
No seu pregón, a responsable de Turismo da Xunta puxo en valor esta festividade que leva celebrándose dende o ano 1971 e que está constituída como “a celebración máis singular deste camiño cara a noite de San Xoán”, dixo, e na que enxalza a figura das Meigas co acompañamento de poetas de diferentes lugares de España con cancións sobre as ancestrais tradicións da noite de San Xoán.
Neste sentido, Nava Castro destacou a grande implicación de toda a cidade da Coruña en todas as celebracións que teñen lugar ao redor do San Xoán, “unha das festas máis máxicas de Galicia que en A Coruña se vive de xeito entusiasta”, explicou.
A responsable de Turismo da Xunta tamén recordou que mostra diso é a merecida declaración de Festa de Interese Turístico Internacional que reflicte “a antigüidade e arraigamento da celebración e tamén a súa orixinalidade”.
Máxima distinción
Durante o acto, a Asociación de Meigas das Fogueiras do San Xoán, organizadora da festividade fixo entrega do premio Rey Alfonso IX a Turismo de Galicia como recoñecemento ao seu labor en beneficio da promoción turística da nosa comunidade e da Coruña en particular.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén foi premiada co Cardo de Ouro, a máxima distinción que esta entidade outorga como público recoñecemento ao seu labor para salvagardar a esencia e tradicións da noite de San Xoán na Coruña.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia