Inaugurada a XX edición de 'Viñetas desde o Atlántico', en A Coruña
“Viñetas desde o Atlántico representa moito máis que unha das paisaxes tradicionais das Festas da nosa Cidade. Viñetas é a nosa cidade, é a forma na que temos de analizar a realidade dende a nosa perspectiva atlántica. Ao longo destas 20 edicións, os e as artistas que expuxeron a través deste evento foron narrando a historia dunha Coruña cambiante e en continua evolución”, dixo o primeiro edil, que invitou á cidadanía a visitar as distintas exposicións sobre a banda deseñada repartidas en espazos municipais e da cidade, así como os postos da Rúa da BD, que este ano se sitúan, de novo, nos Xardíns de Méndez Núñez. Axuntamos fotos da presentación.
Concello da Coruña