Skip to main content

Adega rexeita as novilladas da Páscoa padronesa: Non ás touradas en Padrón

ADEGA considera crueis este tipo de espectáculos, ademais de alleos á cultura galega, e non entende a insistencia dalgúns gobernantes municipais na inclusión de Galiza nos circuítos taurinos.
Ante o anuncio, por parte do Concello de Padrón, da celebración dunha novillada dentro do programa das festas da Páscoa, ADEGA-Compostela denuncia unha vez mais o carácter cruel deste tipo de espectáculos baseados no sufrimento dos animais non-humanos. Nesta ocasión serán seis os novillos torturados até a sua morte para desfrute duns poucos e negocio dunha minoría.
ADEGA-Compostela considera que para celebrar unhas festas non é necesario maltratar animais. De feito, son mui poucos os Concellos galegos nos que se celebran touradas, e ADEGA aspira a que estes espectáculos desaparezan.
Adega