Fitur 2018: arranca a celebración dos 20 anos de amistade do Camiño de Santiago e o Kumano
O Camiño de Santiago e o camiño de Kumano Kodo de Xapón engadiron un novo capítulo á súa historia de colaboración coa apertura en Fitur da conmemoración dos seus 20 anos de amizade. Ambas rutas de peregrinación, dúas das máis importantes do mundo e protexidas pola Unesco, irmandáronse en 1998, comezando unha intensa relación que contribuíu a incrementar os lazos entre o país nipón e Galicia.
Os directores de Turismo de Galicia e da prefectura de Wakayama, Nava Castro e Nobuko Goto, reuníronse no expositor da Comunidade galega na 38ª edición da feira Fitur, en Madrid, onde subliñaron os valores comúns que ambos camiños de peregrinación comparten a pesar de ter xurdido en territorios a miles de quilómetros de distancia e cunha raíz relixiosa diferente. “O Camiño de Santiago e o Kumano Kodo forma parte de culturas en aparencia moi diferentes, pero o substrato que comparten avivouse ao longo destas dúas décadas desde a súa declaración de amizade”, afirmou a titular de Turismo do Goberno galego.
Na súa presentación, repasaron algúns dos paralelismos destes itinerarios da prefectura de Wakayama e Galicia, “o país do sol nacente, no afastado Oriente, e o lugar sinalado durante séculos como o fin do mundo”, no extremo occidental onde se poñía o sol. Castro lembrou que ambas rutas contan con símbolos que guían aos peregrinos, dispoñen dunha vestimenta tradicional, están rodeadas de natureza e posúen sobranceiras mostras do patrimonio cultural, que converte cada peregrinación “nunha viaxe apaixonante pola Historia”.
“Xestionar, promocionar e coidar un patrimonio tan valioso e tan apreciado é un auténtico orgullo”, declarou Nava Castro, quen resaltou a riqueza cultural e a oportunidade de diálogo que o Camiño de Santiago e o camiño Kumano Kodo representan hoxe para o mundo. Ademais, celebrou que cada día sexan máis os peregrinos xaponeses que percorren a ruta xacobea. O país nipón rematou 2017 entre as 25 nacionalidades con máis representantes e, ademais, na última década, o seu volume de peregrinos multiplicouse ata por catro.
Náutica europea
Fidelizar os clientes xa captados e afianzar as relacións comerciais incipientes cos mercados europeos é o obxectivo prioritario da estratexia de promoción da náutica recreativa galega para o ano 2018. Así o ratificou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante a ponencia conxunta do ente público e Turismo de Galicia no posto que a Xunta de Galicia ten na feira de turismo Fitur, en Madrid.
Durán Hermida insistiu na necesidade de focalizar a estratexia promocional de Portos de Galicia cara á fidelización dos clientes internacionais dos portos deportivos galegos logo de ter ampliado os nichos de mercado nos últimos anos. Neste sentido reseñou a importancia de que “Galicia se afiance como unha escala fixa nas rutas de navegación dos viaxeiros europeos cara ao sur”.
Con este obxectivo así como para profundar nas relacións comerciais establecidas en anos anteriores, Portos de Galicia participará de novo este ano, conxuntamente con Turismo de Galicia, nos principais eventos sectoriais en diversos países europeos como Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña e Portugal. Durante a súa intervención en Fitur, Durán anunciou que para este fin, Portos e Turismo asinarán un acordo de colaboración que recolla o esforzo conxunto de ambas entidades públicas para a promoción da oferta náutica galega.
Ademais, o presidente de Portos, lembrou que a actividade promocional da náutica durante este ano estará enmarcada nos proxectos europeos dos que Galicia forma parte e nomeadamente o proxecto Ecodestin. Neste marco destacou a importancia de dar continuidade a accións xa iniciadas durante o ano pasado como o programa Cruceiros Costeiros, posto en marcha con Turismo de Galicia para establecer rutas de navegación para pasaxeiros polo interior das rías galegas.
Durán Hermida lembrou que Portos de Galicia continuará a traballar de xeito coordinado cos operadores náuticos galegos consensuando con eles, como se ten feito ata o momento, a estratexia de promoción da náutica recreativa na nosa Comunidade.
Trens Turísticos de Galicia
A directora de Turismo, Nava Castro, presentou en Fitur as novidades da sexta edición dos Trens turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos. Nesta ocasión, estrearanse dous itinerarios completamente novos que enriquecen este produto: a Ruta dos Mosteiros e a Ruta da Ribeira Sacra do Miño.
O expositor de Galicia na 38ª edición de Fitur, en Madrid, acolleu a presentación, na que tamén participaron o xerente da Área Comercial de Renfe, Javier Díaz Trisac, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, as tres institucións que fan posible os Trens turísticos de Galicia. Ademais, asistiu a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, responsable da posta en marcha desta iniciativa na súa etapa como ministra de Fomento.
As novas rutas presentadas achegan importantes atractivos, pois incorporan ao programa de visitas espazos emblemáticos do patrimonio galego como o pazo de Oca, os mosteiros de Carboeiro e de Oseira ou o templo da Veracruz do Carballiño. Os catro formarán parte da Ruta dos Mosteiros, que tamén se deterán nun balneario. O pazo de Oca incorpórase, así mesmo, á Ruta Ourense Termal e Versalles Galego, que experimentará melloras tras terse incluído no programa o pasado outono. Pola súa banda, a Ruta da Ribeira Sacra do Miño comprenderá na súa travesía os concellos de Monforte de Lemos ou Chantada, cun paseo en catamarán polo río Miño, adegas ou a visita ao Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao.
Outro dos aspectos máis salientables da próxima edición dos Trens turísticos de Galicia será que diversas rutas contarán con teatralizacións, a cargo de actores caracterizados de personaxes históricos que farán unha serie de aparicións sorpresa ao longo do percorrido. Isto engade un novo atractivo para os visitantes, que o pasado 2017 procedían de ata 18 países diferentes e da práctica totalidade das comunidades autónomas españolas.
Nava Castro subliñou que os Tren turísticos de Galicia tiveron na súa última edición unha ocupación superior ao 86%. Ademais, varias rutas esgotaron os seus billetes, como o caso da Ruta dos Faros ou o Tren do Viño Ribeira Sacra, e varias estiveron preto, como os casos da Ruta polos pazos e xardíns históricos de Galicia ou a Ruta da lamprea, entre outras.
“Temos razóns para estar satisfeitos, pois hai un dato aínda máis importante: o 97,7% dos participantes nesta experiencia, recomendaríana. De feito, puntúana con 8,7 puntos sobre 10”, resaltou Nava Castro. Ademais, sinalou que se contabilizaron viaxeiros de países de catro continentes: Bélxica, Alemaña, Francia, Finlandia, Portugal, Polonia, Reino Unido, Italia, Xapón, China, Estados Unidos, Venezuela, Costa, Arxentina, Perú, Brasil e Sudáfrica.
Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde seguirán traballando por mellorar cada detalle dos Trens turísticos de Galicia, tendo moi en conta as achegas dos visitantes nas súas enquisas. “Esta é unha proposta de calidade, tranquila e sustentable. É dicir, unha proposta que se parece moito a Galicia”, declarou Nava Castro na súa intervención, na que volveu agradecer a colaboración das diferentes institucións implicadas neste cada vez máis exitoso proxecto.
Finalmente, avanzou a previsión de manter o Tren Peregrino, entre Madrid e Santiago de Compostela, a través do Camiño Portugués. Esta viaxe, na que o tren se converte en hotel, facilita a realización de varias etapas do Camiño de Santiago e obter ao final a Compostela.
Do mesmo xeito, renovarase o Galicia Rail Pass, con prezos moi económicos para que os visitantes podan percorrer en tren Galicia cantas veces queiran ao longo de tres días.
Retos turísticos de Santiago 2022
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, avanzou en Fitur as liñas estratéxicas que está a desenvolver o Concello de Santiago en materia turística de cara aos vindeiros anos, coa mira posta no 2022 . No seu discurso explicou os motivos de elixir este ano como referencia xa que "non é que non nos preocupe o vindeiro Ano Santo 2021, pero si que nos preocupa máis 2022 dende a perspectiva de que vai pasar despois do gran ano que será o 2021, por iso a nosa proposta de Plan Estratéxico non se enfoca ao Ano Santo senón que se fixa no 2022".
Santiago é un destino turístico consolidado que experimentou nos últimos anos un incremento no número de visitantes convertindo o 2017 nun ano récord. Alcanzáronse 1.450.000 pernoctas, 2.600.000 pasaxeiros e pasaxeiras no aeroporto e superáronse os 300.000 peregrinos e peregrinas. "Con estes resultados na man", indica Noriega, "toca afrontar unha serie de retos que se terán que basear na gobernanza do turismo e que nos permian dar un novo salto para aproveitar o potencial turístico da nosa cidade en beneficio de toda a cidadanía".
O alcalde avanzou en Fitur os retos marcados a medio prazo, que coinciden co recollido no Plan Estratéxico de Turismo. Este documento, sobre o que se traballou arreo durante o 2017, será presentado a principios de febreiro no Consello Municipal de Turismo. Dentro dos retos do turismo de Compostela, o alcalde destacou catro eixos como son "a descentralización, coa mellora dos fluxos turísticos na propia cidade anticipándonos á masificación; a desestacionalización, coa captación de novos fluxos turísticos nos meses de menor demanda; a xentrificación, combatindo o fenómeno da despoboación da cidade histórica e a sustentabilidade, baixo os criterios de innovación e excelencia". Avanzou tamén o rexedor que "temos a vontade de continuar a traballar no destino internacional do aeroporto como gran polo de atracción do tráfico aeroportuario de Galicia e a consolidación de grandes aeroliñas".
Martiño Noriega informou tamén dos grandes eventos sobre os que está a traballar o goberno local para este 2018 e que suporán un retorno económico cercano aos 5 millóns de euros. Entre eles atópanse a celebración do mundial de xadrez no mes de novembro, grandes concertos que haberá en espazos da cidade como o Multiúsos do Sar ou un evento deportivo de primeiro nivel, como é a Supercopa de España de Baloncesto "que imos intentar traer para Compostela".
A maiores farase un impulso do Camiño Kumano aproveitando o 150 aniversario das relacións diplomáticas entre España e o Xapón coa posta en marcha dun pasaporte dual. Tamén se continuará co traballo feito no impulso do turismo de congresos, "sobre todo nos meses de menor demanda da cidade" e que suporán a chegada de arredor de 8.000 persoas á cidade".
Ademais marcou tamén como reto seguir a impulsar o aeroporto de Santiago e "continuar traballando no destino internacional do aeroporto como gran polo de atracción do tráfico aeroportuario de Galicia e a consolidación de grandes aerolíñas." Un exemplo sería a compañía Lufhtansa, que sigue a apostar polo aeroporto compostelano.
No marco de Fitur tamén se asinou a prórroga do convenio entre o Concello e Renfe para a promoción da cidade. As dúas institucións, xunto coa Asociación Provincial de Empresarios da Restauración e Hospedaxe de Santiago. estenderán durante 2018 accións conxuntas para promocionar o turismo e o uso do tren como medio de transporte.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia + Gabinete de Comunicación Concello de Santiago de Compostela