Máis de 200 actividades enogastronómicas e turísticas para vivir a experiencia da feira gastronómica Xantar 2018

Xantar 2018 foi presentado nun acto no que estiveron presentes representantes das entidades públicas que fan posible este evento. Contou coa participación da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; do alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez Abad; do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández Fernández; do vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Correia da Silva e do director de Xantar, Alejandro Rubín. Tamén interviron os presentantes das súas entidades de Panamá que participan nesta edición: Camilo Hoyos, vicepresidente do Club Gastronómico de Panamá; e Alina Concepción, secretaria xeral do INADEH (Instituto Nacional de Formación Profesional e Capacitación para o Desenvolvemento Humano) de Panamá.
O director de Xantar foi o encargado que de dar os datos da feira, que se consolida como un gran exemplo de cooperación público-privada, comentando que as expectativas son moi altas e que o obxectivo é bater o récord de visitas. Destacou para isto tres datos: “100% da superficie cuberta, 273 expositores e unha actividade distinta cada 15 minutos de feira”.
XANTAR SON 200 EXPERIENCIAS
O programa de actividades de Xantar 2018 inclúe conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no “XIII Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable”. En total, unha media de 4 actividades por cada hora de celebración do salón.
Os showcookings, máis de 50, contarán coa participación de prestixiosos chefs de 6 países. Neste programa destacan os organizados pola Consellería do Medio Rural e a de Mar que teñen o obxectivo de poñer en valor os produtos de calidade de Galicia amparados con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida ou con selos de garantía como “PescadeRías, de onde se non?” ou as conservas de peixe e marisco de ANFACO-CECOPESCA. Participarán chefs galegos como Javier Rodríguez “Taky”, Flavio Morganti, Alberto Lareo, José Mallón ou Emma Pinal, entre moitos outros. Ademais, participarán importantes chefs de Portugal, Costa Rica, do Club gastronómico de Panamá, México e Estados Unidos. Nesta edición hai que engadir ademais a cociñeiros mediáticos como Nathan, semifinalista de Masterchef 5.
Para dar cabida a este amplo programa de actividades, Xantar contará con tres aulas gastronómicas, unha de Cata e un Túnel do Viño. Este último conta co apoio dos cinco consellos reguladores de viño de Galicia (ademais da Consellería de Medio Rural) e presentará máis de 115 referencias da comunidade prestando especial atención aos viños gañadores nas catas oficiais de Galicia. Vencellado a este sector destaca tamén os cursos sobre “defectos do viño” que impartirá a Estación Vitivinícola e Enolóxica de Galicia, EVEGA.
O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o V Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 20 blogueiros de Galicia, Madrid e Portugal ou o XIV Encontro Internacional de Confrarías que reunirá a 42 entidades de 5 países.
Xantar 2018 contará tamén cun amplo programa de actos especiais como a Noite do Deporte, a Panameña, a do Comercio ou a Noite de Bailes Latinos. Todos os días ás 12.30h. haberá un acto oficial no que se celebra o día adicado a distintos destinos e entidades estreitamente vencellados co salón. A inauguración oficial será o mércores 31 de xaneiro e correrá a cargo do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
XANTAR É PORTUGAL, PAÍS CONVIDADO
Xantar 2018 contará con Portugal como gran protagonista que presentará o mellor da súa gastronomía a través de catro restaurantes (Braga, Ponte de Lima, Vila Real e Azores) e de numerosos showcookings, catas comentadas e degustacións, ademais de actuacións musicais e folclore. Destaca a masiva presenza de expositores procedentes da rexión de Porto e Norte. Nesta edición promocionarase internacionalmente a Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal como un destino único cunha oferta enogastronómica de calidade.
XANTAR SON NOVIDADES
En la 19ª edición de Xantar participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León e de varias rexións turísticas de Portugal, ademais de Panamá, que repite experiencia logo de ter participado como convidado na anterior edición. En total, ofrécense 20 menús con prezos comprendidos entre os 14 e os 30 euros, baseados en produtos autóctonos e de calidade, xa que a meirande parte deles inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida.

O menú 100% ourensán do INORDE, o Concello de Maceda, Vila de Cruces, Porto da Guarda e Ría de Pontevedra-Beluso completan a oferta en restauración desta edición.
XANTAR É UN PUNTO DE ENCONTRO PROFESIONAL
Co obxectivo de promocionar un destino a través da súa gastronomía e tendo en copnta os bos resultados obtidos na edición anterior, Xantar organiza o “II Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán 11 touroperadores especializados neste sector e procedentes de Galicia, Portugal, Madrid e Cataluña que operan no mercado nacional e internacional. Asistirán a presentación e manterán reunións B2B cos representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón.
XANTAR É TURISMO DE PROXIMIDADE
Xantar volveu poñer en marcha o paquete "Siente Galicia" que permite regalar unha experiencia enogastronómica na provincia. A contratación deste paquete inclúe aloxamento en réxime AD en hotel de 4 estrelas, a entrada ó salón, o almorzo ou cea nun dos seus restaurantes e a participación nas actividades. A reserva deste paquete farase dende a propia central de reservas www.sientegalicia.com.
Xantar creou tamén unha experiencia gastronómica orientada aos visitantes que poden achegarse a Ourense na liña Alta Velocidade, AVANT, dende A Coruña ou Santiago. Este paquete está dispoñible para o sábado 3 e domingo 4 de febreiro e inclúe a viaxe entre tren ida e volta, os traslados, visitas guiadas ás áreas termais e casco histórico de Ourense e almorzo no salón. Todo isto a partir de 55 euros.
#XANTARESTI
As novidades do salón poden seguirse a través da súa nova web www.xantar.org ou dos seus perfís en redes sociais www.facebook.com/Xantar; en twitter con @XANTAREXPO ou de Instagram a través de @xantaroficial.
Gabinete Comunicación Expourense