A Xunta súmase á recepción ás confrarías gastronómicas e enófilas internacionais en Xantar

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018. Neste acto participaron máis de 40 confrarías achegadas desde 7 Comunidades autónomas de España, e de Francia, Ecuador, México e do país convidado da edición deste ano, Portugal.
Defende a calidade da Gastronomía e o Turismo Sustentable e Saudable fusionando tradición e innovación propia dos territorios representados a través de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia