O II Festival de Blues de Lugo presenta sete concertos co mellor do panorama nacional e internacional
O Festival Internacional de Blues compleméntase cunha masterclass gratuíta, o sábado 21 de xullo, ás 12:00 horas, impartida polo mellor guitarrista europeo do ano Laurence Jones, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Hai 50 prazas.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, avanzou que “a capital da provincia vai ser o escenario de sete concertos co mellor do panorama nacional e internacional, propoñendo unha alternativa musical de primeiro nivel durante eses días en Lugo”.
A Deputada lembrou que “nesta segunda edición actuarán grupos como os vascos Travellin´Brothers, premiada como a Mellor Banda Europea ou o mellor guitarrista Europeo do Ano, Laurence Jones; os estadounidenses Southern Avenue, co seu primeiro concerto en Europa, ou os cataláns Dani Nel.Lo & Los Saxofonistas Salvajes”.
Ademais, lembrou que o Goberno da Deputación promoveu na pasada anualidade 278 actividades culturais na provincia, nun total de 55 Concellos. Unha programación que contribuíu a realizar iniciativas relacionadas coa música, o baile , premios, así como festivais en todos os recunchos da provincia.
A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, sinalou que este Festival converte a Lugo nun punto de encontro no que, ademais de desfrutar do blues, todos os visitantes poderán coñecer as nosas riquezas turísticas, a nosa gastronomía, a cultura e, por suposto, o noso rico e extenso patrimonio.
Programación
O II Festival Blues Museum contará con 7 concertos de grupos e artistas internacionais, procedentes Estados Unidos, Italia, Inglaterra, así como doutros puntos de España como o Pais Vasco, Cataluña e Madrid. A programación é a seguinte:
O venres 20 de xullo na Praza da Soidade:
- Ás 21:30 horas os vascos Travellin´Brothers.
No ano 2015 foi premiada como a Mellor Banda Europea, e a súa presenza é constante en festivais internacionais. Ata o de agora levan publicados 8 discos, e participaron en máis de 1.000 concertos, unha banda que xa ten a matricula de honra no escenario.
- A continuación Aurora & The Betrayers
Aurora García é unha xove cantante madrileña consagrada como unha das voces mais convincentes da escena da musica negra. En Lugo presentarán o seu ultimo traballo, no que apostan pola importancia da canción, con composicións equilibradas e directas. No seus directos consigue un son que bebe dos clásicos pero que esta en constante busqueda de sonoridades actuais.
- Para rematar a primeira xornada os italianos The Cyborgs
Este potente dúo sorprende e fascina a primeira visa e representa unha rara avis na escena italiana e europea de Blues. Levan a paixón, diversión, enerxía, ironía, é o que ofrecen en canda concerto, o que os converte nunha auténtica festa para todos os sentidos. No seu repertorio levan unha proposta que nace do blues máis clásico, enmarcado con funk e punk moderno.
O sábado 21 de xullo:
MasterClass nos Xardíns do Museo Provincial
-As 12:00 horas haberá unha masterclass gratuíta, nos xardíns do Museo Provincial, impartida polo mellor guitarrista Europeo do ano Laurence Jones. Inscricións en cultura@deputacionlugo.org.
Sesión vermú na Praza de Campo Castillo
- Ás 13:45 horas sesión vermú en Campo Castillo con Cyborg
O duo italiano volve a actuar na sesión vermú, esta vez nun novo enclave, na Praza de Campo Castillo para amenizar esta xornada.
Na Praza da Soidade
- Ás 21:30 horas actúan os estadounidenses Southern Avenue
Este é o primeiro concerto que celebran en Europa. Con só dous anos no escenario convertéronse na banda de blues máis relevante e popular de Memphis. Ademais foron finalistas no Internacional Blues Challengue de 2016, e co seu primeiro traballo situado no n.1 do Itunes Blues Chart. No escenario levan un directo impactante, fresco e en perfecta unión co publico. Segundo os expertos, estamos diante dunhas bandas que marcará os designios do xénero nos vindeiros anos.
- A continuación o mellor guitarrista Europeo do ano, Laurence Jones
Esta considerado o mellor guitarrista europeo nos premios European Blues Awards. Con só 25 anos é unha das figuras actuais do Blues. Acaba de asinar un convenio con Sony Music, recorventendo en cuarteto a súa banda, e coa incorporación de dous músicos de primeiro nivel con Gregg Smith e o teclista Bennet Holland.
- Pechan o Festival os cataláns Dani Nel.Lo & Los Saxofonistas Salvajes
Esta banda presenta en Lugo o seu directo salvaxe. Este proxecto estreouse no ano 2017, no que un dos seus activos e coñecidos musicos da escea catalana é o saxofonista Danil Nel.Lo, tanto polas súas formacións (Los Rebeldes, Mambo Jambo, Nel.Lo e a banda del Zoco. Este grupo versiona aos seus heroes “saxofonisticos”, creando unha linguaxe musical unica a través do saxo.

Deputación de Lugo