A Feira do Libro de Sanxenxo anima a vila con máis de 25 actividades
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou que “Sanxenxo é novidade no calendario das Feiras do Libro de Galicia e por iso lle desexamos todo o éxito para que se converta nunha cita da que se celebren moitas edicións”.
A Serpe Edicións, Libraría Pedreira, Aenea, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Arigató Ribeira, Libraría Vidal e Libraría Kathedra teñen stand nesta feira, na que a editorial Urco, ademais, ofrecerá unha exposición sobre a historia da literatura fantástica.
Pola feira pasarán escritoras como Ánxela Gracián, autora de Doce cartas a María Victoria Moreno; Miguel García Seoane, que firmará exemplares do seu libro Galicia inmaterial, Galicia máxica; ou o propio pregoeiro, Marcelino Agís, que volverá o sábado 14 a Sanxenxo para presentar o seu libro La historia de la filosofía como nunca te la habían contado.
“Sanxenxo, referente do verán galego, poderá aproveitar a presenza dos libros na rúa, os mellores embaixadores da nosa cultura”, afirmou Anxo Lorenzo durante a inauguración. O secretario xeral de Cultura lembrou a figura de María Victoria Moreno, “á que non poderemos ver, coa que non poderemos falar, pero á que honramos e lembramos co lema das Feiras do Libro deste ano: Ler sen fronteiras”.
Na inauguración estiveron tamén presentes a presidenta da Federación de Librerías de Galicia, Pilar Rodríguez e o alcalde do concello de Sanxenxo, Telmo Martín.
As citas cos libros continúan por toda Galicia
As Feiras do Libro de Galicia 2018 percorrerán ata o 25 de agosto un total de 16 concellos. Tras Sanxenxo, a cita trasladarase a Rianxo, Ponteareas, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. A Consellería de Cultura e Educación colabora con esta iniciativa coa achega, a través da Secretaría Xeral de Cultura, de 120.000 euros para o desenvolvemento desta programación.

Concello de Sanxenxo