Skip to main content

Permanecen ingresadas seis persoas tras o accidente no Marisquiño en Vigo

Por centros, 213 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 68 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.
Sergas