Máis de doce horas de música en directo no XII Festival Arteficial
A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que ten como obxectivo "achegar propostas culturais de vangarda ao medio rural", dixo Rosendo Fernández, quen lembrou que se trata dun proxecto que foi galardoado no pasado mes de marzo "co Premio Rodolfo Prada á xestión cultural na categoría de colectivos de carácter afeccionado entregado pola Deputación de Ourense na pasada edición da "Ourense ICC Week", e dotado con 2.000 euros".
En canto á programación musical prevista para este ano, Quique Rodríguez dixo que traen "a dez bandas e artistas de tódolos estilos musicais, bandas emerxentes que merece a pena escoitar e descubrir. As bandas vanse distribuír en catro escenarios e os concertos serán desde as 13.00 ata ás 21.00 horas no barrio da Madalena, e desde as 22.30 ata as 2.30 horas no barrio da Oliveira".
O cartel musical desta edición está formado polas bandas Guau, Oh! Ayatollah, Sara Fontán, Esteban&Manuel, Isaac Pedrouzo, Big Ok e Pantis. Así mesmo, o Festival Arteficial achega de novo unha selección de bandas internacionais da escena alternativa como Whales, procedente de Portugal; LaBaq, referentes da música alternativa brasileña; e o angoleño Chalo Correia cunha adaptación dos ritmos tradicionais de Angola. Neste festival "temos un cartel á altura de eventos que se fan a nivel profesional", sinalou Uxía Estévez.
A entrada ao festival é gratuíta, aínda que, por terceiro ano consecutivo, a organización establece unha entrada solidaria e voluntaria que consiste na doazón de alimentos non perecedoiros en colaboración coa Cruz Vermella.
Actividades paralelas
Arteficial, ademais de música, ofrecerá aos asistentes diversas actividades paralelas como o Mercado das Sementes que se trata dun espazo de intercambio e difusión para empresas culturais e creativas, e para os máis cativos haberá "obradoiros ás 12.30 e ás 17.00 horas, para que os nenos poidan aprender e divertirse mentres que os pais gozan dos concertos", dixo Alba Doval, quen adiantou que nesta edición volverán a colaborar co Festival Kerouac de poesía e performance cun evento chamado "Poesía Vertical" que terá lugar ás 16.00 horas na praza da Madalena.

Deputación de Ourense