Skip to main content

ExpoBus Iberia acollerá unha exposición de autobuses clásicos dende a década dos 30

Tamén estarán outros que contaban con extras da época como un floreiro na parte central do parabrisas ou que tiñan os chamados cristais alpinos (panorámicos que permitían aos pasaxeiros ter máis visión da paisaxe).

Tamén haberá algún modelo único, como un da desaparecida marca Hispano Suíza, o cal foi o máis grande que fabricou esta firma e diferenciaba tres clases para levar aos pasaxeiros, primeira, segunda e tamén terceira, a cal contaba con 20 prazas no teito e estaba ocupada por viaxeiros que eran os que tiñan que baixar a empuxar o autobús no caso de que este non puidera subir unha costa ou se avariaba.

Os visitantes poderán ver tamén nos autobuses todo tipo de equipamento, como radios antigas ou os traxes de época que estaban obrigados a levar os condutores de liña regular, con detalles como as gorras ou os botóns coa inscrición TC, en alusión ao transporte por carretera.

Moitos dos vehículos expostos contarán cun panel explicativo que incluirá aspectos como a súa data de fabricación, historia, tempo de restauración ou número de viaxes realizados.

Xoias de sete empresas

Estes vehículos, os cales poden circular e que en moitos casos se alugan para acontecementos e celebracións, pertencen a sete empresas que teñen dedicado moito tempo, esforzo e enxeño para restaurar estes autocares e reconstruír detalles da época, converténdoos en auténticas obras de arte.

Esta firmas son Empresa Cuiña e Autocares Mosquera (ambas do grupo Rías Baixas), Empresa Lázara, Autocares Benito García, Autocares Vázquez, Arosa Bus e Reboleira Autocares.
Feira de Galicia