Skip to main content

Toundra, Perro e Ànteros, primeiras confirmacións do Esmorga Fest 19

A fin de semana do 15 e 16 de marzo terá lugar a quinta edición dunha cita que se iniciou como unha festa de aniversario duns amigos na que actuaban diferentes bandas e que, co paso do tempo e con esforzo e dedicación, chegou a niveis de repercusión e convocatoria impensables nun comezo.

A primeira oferta de entradas esgotouse en menos de dúas horas, dando mostra do público que ten conquistado o festival. As entradas da segunda oferta pódense mercar a prezo reducido a través da páxina web.
Esmorga Fest