Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina serán os premiados no Encontro Mundial de Humorismo
Luis Piedrahita, director artístico do festival, incidiu na rolda de prensa de hoxe que estes galardóns son un recoñecemento a personalidades destacadas no mundo do humorismo. Na gala entregarase o EMHU internacional Álvaro Cunqueiro a Alejandro Dolina, EMHU nacional Wenceslao Fernández Flórez a José Luis Cuerda e o premio EMHU Fugas a Moncho Borrajo, pola súa contribución á difusión e posta en valor tanto da cultura, a historia e o humor galego. Estes premios pretenden converterse en todo un referente cultural do humor, a imaxe e semellanza dos Goya.
“Queremos que A Coruña se converta nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor. Sen esquecer que isto é un festival para a xente”, expuxo Piedrahita.
Os encargados de facer entrega dos premios serán Arturo Valls, Marta Hazas e o propio Luis Piedrahita. Tres nomes que se suman a Marta Flich, Joaquín Reyes e Carlos Blanco que serán os encargados de amenizar a gala “Fantastic Colofon”.
O Festival
Fixeron falta “case cinco anos dándolle voltas” a este proxecto para que o Encontro Mundial de Humorismo se fixese unha realidade, explicou o director de comunicación do EMHU, Nacho López. O festival nace cunha primeira edición “ambiciosa”, co obxectivo de chegar aos “7.000 asistente dos que, por agora, só o 40% son da cidade” e no que participan case 40 artistas nunha vintena de actividades.
“Temos un marxe de crecemento, tanto en ideas, innovacións, artistas e actividades, que nos fai ser optimistas de cara ao futuro do festival”, salientou López. O director de comunicación, e representante de Producciones Etiqueta Negra, empresa galega socia de Producciones El Espectador nesta aventura, quixo dar as grazas á Cadena Ser, La Voz de Galicia, Estrella Galicia, Gadis, o Concello da Coruña e o Consorcio de Turismo porque sen o seu apoio, non tería sido posible a celebración do EMHU.
O Concello da Coruña colabora a través do departamento de Culturas e na rolda de prensa participou o concelleiro responsable, José Manuel Sande, que destacou que o apoio do Goberno local ao EMHU vén motivado porque se trata “dun evento orixinal, plural e atractivo, capaz de visibilizar a fortaleza cultural da nosa cidade, ao tempo que amosa unha vertente de irreverencia pola que destaca hoxe parte da creación cultural máis brillante”.
Ademais de Culturas, colabora o Consorcio de Turismo, a súa xerente, Lanzada Calatayud afirmou que A Coruña é un destino “dinámico e divertido”. Respecto ao EMHU fixo fincapé nos máis de dez millóns de seguidores que teñen os seus protagonistas en redes sociais, encabezados por un dos coruñeses máis recoñecidos no mundo do espectáculo, como é Luis Piedrahita.
“Desde o Consorcio de Turismo estamos convencidos da importante proxección turística que este evento terá para a cidade onde máis do 50% do público asistente chega desde fóra da cidade. Non existen premios do humor a nivel nacional e A Coruña pode converterse sen dúbida nun referente”, subliñou Calatayud.
Na mesma liña pronunciouse Luis Piedrahita que sostivo que a súa intención e a de todo o equipo do EMHU é “converter A Coruña na capital mundial do humor”. Empeza cunha base sólida para ir crecendo, xa que “nesta primeira edición do EMHU vamos ter a sorte de contar con algunhas das xoias máis exquisitas do humor mundial”, como o propio Dolina, condutor do programa La Venganza será terrible, líder da radiodifusión arxentina desde fai máis de 30 anos; ou Adam Rubin, autor de máis de dez títulos infantís e que estivo 250 semanas como número un de ventas en The New York Times.
Ademais, “os mellores humoristas de España e de Galicia, todos compañeiros de profesión, o viron claro desde o primeiro momento e quixeron involucrarse no proxecto”, afirmou Piedrahita antes de dar paso a algúns deses compañeiros cos que compartirá escenario entre o 13 e o 19 de maio: Javier Veiga, Xosé A. Touriñán, David Amor e David Perdomo estiveron nunha rolda de prensa na que quedou claro que “o humor é un arma de construción masiva”.
Ademais do Concello da Coruña, a través da Concellaría de Culturas e o Consorcio de Turismo, Estrella Galicia, Gadis, a Ser e La Voz de Galicia, colaboran no EMHU Deputación da Coruña, Teatro Colón, Afundación e Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Encontro Mundial de Humorismo